SIDEBAR
»
S
I
D
E
B
A
R
«
Tesouros da Natureza (II)
Nov 4th, 2014 by ofervedoiro

Coincidindo coa Semana da Ciencia vimos de instalar no CPI don Aurelio Marcelino Rey de Cuntis unha exposición de minerais, rochas e fósiles.

Mostra Minerais, rochas e fósiles

A mostra que xa foi realizada o pasado curso conta desta volta con novos materiais que se engaden aos xa expostos, sumando así máis de medio cento de pezas de pequeno e gran tamaño.

O obxectivo desta actividade é dar a coñecer o mundo xeolóxico e paleontolóxico aos/-as alumnos/as do devandito centro e para que sirva como complemento das materias de ciencias.

Esta mostra está aberta a todo o público en horario escolar, de luns a venres pola mañá (de 9:00 a 13:30) e os martes tamén pola tarde (de 16:00 a 18:00).

Preme AQUÍ para ver máis imaxes da actividade.

 

»  Substance:WordPress   »  Style:Ahren Ahimsa