SIDEBAR
»
S
I
D
E
B
A
R
«
Salvemos os #PasosDeMeira
Feb 25th, 2015 by ofervedoiro

Quen protexe o noso patrimonio?

Qué acontece nos Pasos de Meira?
Feb 19th, 2015 by ofervedoiro

Fora concretamente o 18 de xullo de 2014 cando denunciábamos certas obras que se estaban a facer cabo da EDAR de Meira, e non era porque estivésemos en contra do saneamento (senón todo o contrario), a favor estamos, mais certos amoreamentos de escombros e un pouco tacto á hora de tratar os “Pasos de Meira” (elemento etnográfico de notable interese) espertaron a nosa curiosidade para que, dende o Concello, nos desen resposta.
comezo das obras no verán de 2014
Resposta que nunca tivemos (só de membros da empresa que realiza esas actividades de saneamento), aínda que subliñamos que era mester da administración local velar pola conservación do estado das nosas augas e, como non, do patrimonio histórico artístico e etnográfico. A empresa, na reunión que tiveramos con diversos responsables, comprometeuse con este colectivo en deixar o elemento etnográfico tal e como estaba, e facendo fincapé que ían limpar os lodos acumulados na zona Leste dos Pasos (ou sexa, na ribeira dereita do río).
dous elementos de pedra moi semellantes aos Pasos
Este elemento, cómpre facer memoria, fora restaurado polo Fervedoiro había un tempo para goce e ledicia non só da veciñanza, senón tamén dos visitantes e alumnado do Colexio Público Aurelio Marcelino Rey (Cuntis). Cómpre recordar, así mesmo, que a administración local non puxo un só céntimo no proxecto “Arredor da Auga”, proxecto no que se desenvolveron diversas fases de actuación: catalogación do patrimonio do río Gallo ligado á auga, limpeza dos lavadoiros fluviais, restauración dos “Pasos de Meira”… Nin un só céntimo cando, noutras ocasións, hai para cousas superfluas que non colaboran ren na conservación dos nosos espazos naturais e bens culturais.
comparativa novembro 2012 - febreiro 2014
Na actualidade, segundo cremos entender, na EDAR estanse a rematar as obras de saneamento. Mais resulta curioso que vexamos no remate dos Pasos de Meira, no lateral Leste (ribeira dereita do río) como varios sacos de area ou doutros materiais se acumulan nesa zona, descoñecendo se están a danar ou non os chanzos pétreos do conxunto etnográfico. Tamén temos percibido que hai varias pedras, de considerables tamaño, cunha tipoloxía semellante á dos citados chanzos que semellan substraídas do seu lugar de orixe, porén ignoramos a súa procedencia e é por iso que queremos preguntar á administración local (representada polo alcalde, polo concelleiro de Cultura e polo concelleiro de obras) se saben algo sobre este asunto. Preguntar tamén que, de seren substraídas (coidamos que temporalmente) hai ou non as autorizacións respectivas. Preguntar se ven lóxico ese amoreamento de sacos de area (ou xabre) enriba dos pasos. Preguntar se realmente están a loitar pola conservación do patrimonio comunitario e público, ou sexa, o que é de todas e todos.
Agardemos que digan algo, e que non fagan como é habitual, dar a calada por resposta.
Preme AQUÍ para ver máis imaxes.
»  Substance:WordPress   »  Style:Ahren Ahimsa