SIDEBAR
»
S
I
D
E
B
A
R
«
Achegando a Memoria o alumnado cuntiense
Marzo 18th, 2016 by ofervedoiro

Na praza das Árbores, unha das paradas do Roteiro

Na praza das Árbores, unha das paradas do Roteiro

Esta mañá de venres percorremos as rúas e as prazas da vila do Baño con alumnos e alumnas do CPI don Aurelio de Cuntis, no que denominamos Roteiro da Memoria e que xa vimos realizando dende hai seis anos. A través deste percorrido recordamos parte da vida e obra de moitas das persoas represaliadas por defender a Democracia: persoas relevantes da cultura cuntiense e galegas como Uxío Souto, Xohán Xesús González e Roberto Blanco Torres, o mestre (que dá nome á circunvalación da vila e do CPI) Don Aurelio…  entre outros. Así como xentes humildes, de oficios sinxelos e duros (como amas de casa, canteiros e labregos que sufriron presidio o fusil), ou incluso persoas do eido da educación que levaron igual fortuna entre reixas (mestres de Xinzo,Magán, Cuntis…).

Foi tempo para recordar a memoria dos fuxidos, dos paseados, dos axustizados, dos condenados e dos que foron apuntados co dedo e burlados no antigo paseo da vergonza (que naqueles tempos de borralla e sangue discorría pola rúa da Presiña, onde estaba a prisión e a casa do Concello, a Praza do Ferrol e a rúa do Balneario).

Conversando no cemiterio, preto de onde descansan os restos de Don Aurelio Marcelino Rey

Conversando no cemiterio, preto de onde descansan os restos de Don Aurelio Marcelino Rey

Tamén conversamos sobre a importancia do agrarismo, as publicacións locais e comarcais e o roteiro “Ho Chi Minh” (ruta clandestina pola cal se introducía publicidade de organizacións políticas durante a clandestinidade PSG, PC e UPG).

O periplo histórico discorreu polo cemiterio municipal, a Circunvalación don Aurelio, as rúas Uxío Souto e A Presiña, a Praza das Árbores, remantando na Feira. Remantando, como é habitual, dando lectura a listaxe de todas aquelas persoas cuntiense fusiladas e represaliadas durante a Longa Noite de Pedra.

“E dín tamén que a Dignidade non é máis que a Memoria que vive” Subcomandante Marcos.

 


Comments are closed

»  Substance:WordPress   »  Style:Ahren Ahimsa