SIDEBAR
»
S
I
D
E
B
A
R
«
A presentación
Outubro 21st, 2006 by ofervedoiro

 Deseño de fondo, obra de Martinho Picallo

O Fervedoiro presentouse publicamente nun acto que tivo lugar o pasado 26 de agosto na Casa da Cultura “Roberto Blanco Torres” de Cuntis. Malia que xa levabamos en actividade algún tempo, por uns motivos ou por outros finalmente escollemos esa data para dicir quen eramos, que faciamos, que queremos facer…

Vista xeral dos asistentes

Temos que estar fachendosos porque tivemos unha grande acollida entre os veciños de Cuntis, especialmente entre a mocidade. E máis motivos achamos ao estar todo organizado unicamente por nós, sen ningún tipo axuda económica ou de calquera outro tipo por parte de ninguén. Podemos gabarnos, ademais de pola grande asistencia (houbo xente que non puido entrar ao ver ateigado o local), pola presenza de importantes persoeiros da cultura galega que tiveron a ben estar connosco.

Santi Martínez, Lois Bóveda, Avelino Pousa Antelo, Héitor Picallo, David Otero e Xabier Magarinhos 

Tres representantes da nosa asociación tiveron a honra de compartir mesa con Lois Bóveda, David Otero e Avelino Pousa Antelo. Tres nomes que, ademais do que supoñen, situaron á nosa beira á Fundación Alexandre Bóveda, Fundación Castelao ou o Pedrón de Ouro, entre outras. Entre o público estaban representados outros colectivos de grande sona nacional, así como varios familiares do ilustre cuntiense Xohán Xesús González, referente do Fervedoiro que protagoniza unha das primeiras iniciativas da asociación e cuxa figura é máis ca merecente de ser recuperada e honrada.

Xabier Magarinhos, vicepresidente do Fervedoiro

O acto constou de tres partes. Primeiramente quixemos precisar os principios consituíntes, aqueles nos que cremos e compartimos para tratar de conqueir os obxectivos que procuramos.

Deseguido fóille cedida a palabra aos nosos convidados. Lois Bóveda centrouse na lembranza á figura do xa citado Xohán Xesús González, ao que, como non podía ser doutro xeito, loubou e manifestou o seu apoio á nosa iniciativa de propor o seu nome para nomear unha rúa da capital galega.

David Otero empregou a súa habitual enerxía e paixón para expresarse, defendendo uns principios que sen dúbida comparte. Mais as súas verbas non foron estiveron baleiras nin agochaban unicamente literatura da boa (e que boa!), el fixo un chamamento aos presentes e ao pobo cuntiense a confiar e apoiar ao Fervedoiro, mais a exixirlle contas se non cumpre ou no responde ás expectativas. As súas palabras enchéronnos de ledicia, pero tamén dunha grande responsabilidade que gostosamente aceptamos.

Avelino Pousa Antelo, no centro da imaxe 

Porén, o grande protagonista da noite foi, sen dúbida, o mestre Don Avelino Pousa Antelo. O alienamento que padece este país ten, entre as súas grandes consecuencias, que unha figura da importancia da que nos estamos a refererir non obtivera aínda o recoñecemento social que merece, un recoñecemento que foi usurpado por personaxes que por moito mérito que poidan ter sonnos alleos (ou cando menos, non tan importantes na Historia do noso pobo). Fomos agasallados aquel día coa experiencia, sabedoría, coñecementos e amabilidade dun dos grandes protagonistas do século en Galiza! Sen dúbida gañouse a simpatía de todos os presentes grazas ao seu bon humor e humildade.

Martinhos Picallo, con Fran Campos á guitarra

Para rematar, os poetas Martinho Picallo e X. X. Fernández Abella ofreceron un breve recital con versos da súa autoría e co acompañamento musical do compañeiro Francisco Campos, ao que temos que agradecerlle tamén o seu apoio e interese.

Fran CamposHéitor Picallo, Presidente do FervedoiroOs compañeiros Diego e Paulo con Avelino Pousa

  

 

 

 


Comments are closed

»  Substance:WordPress   »  Style:Ahren Ahimsa