SIDEBAR
»
S
I
D
E
B
A
R
«
Bases concurso Na Nosa Língua
Abril 14th, 2010 by ofervedoiro

 PRIMEIRO: Obxecto
 
O Fervedoiro, e a súa sección lingüística ACUDE ALÍ: Acción CUltural na
 DEfensa d’A LIngua, convoca, outro ano máis, o Concurso NA NOSA
LINGUA. O obxecto é potenciar o uso do idioma galego entre os máis mozos e
colaborar, así mesmo, no proceso de normalización lingüística do noso país.

 

SEGUNDO: Participación

Poderán participar neste concurso todas/os as/os alumnas/os de 1º a 4º da

E.S.O. do C.P.I. Don Aurelio Marcelino Rey.

 

TERCEIRO: Colaboración

Para que o alumnado se implique nesta actividade, e coa idea de buscar nel a

motivación e o ánimo necesarios, solicítase que o profesorado colabore na

medida das súas posibilidades, e máis concretamente as/os mestras/es de

plástica, os compoñentes do Departamento de Normalización Lingüística e

aqueles responsábeis da materia de Lingua Galega.

 

CUARTO: Requisitos

1. Todas/os as/os alumnas/os que gusten poderán entregar cadanseu/s

debuxo/s acompañado/s dunha/s palabra/s, expresión ou lema que máis

os identifiquen como galegas/os e que sirva de estímulo, por ende, para

usarmos o noso idioma con orgullo.

2. Evidentemente, os textos deberán redactarse en galego.

3. Cada alumna/o poderá entregar máis dun traballo, realizado en calquera

técnica plástica en dúas dimensións (debuxo e pintura): acuarela,

augatinta, lapis de grafito, cores, témpera, ceras, collage, rotuladores…

4. Non será válido aquel traballo que se elabore e/ou modificado por

métodos informáticos, así como tampouco as obras fotográficas.

5. Detrás de cada traballo, preferentemente, deberase indicar o nome e

apelidos da/o alumna/o que o realizase, así como igualmente o curso e

clase ao que pertence.

6. Valorarase a orixinalidade.

 

QUINTO: Prazo de presentación

Os traballos que se presenten serán entregados no colexio entre o 29 de marzo

e o 30 de abril de 2010, ambos inclusive.

 

SEXTO: Selección dos traballos

  • · De entre todas as obras realizadas e presentadas en prazo e forma, o

xurado convocado polo Fervedoiro, seleccionará tres delas como

gañadoras.

  • · O fallo farase público no Colexio Don Aurelio e, simultaneamente,

comunicarase na prensa.

 

SÉTIMO: Premios

As/os autoras/es dos debuxos seleccionados serán agasallados con varios

presentes:

  • · 1º PREMIO: Un MP4, varios libros, CD de música galega en galego.

Ademais, a obra merecente do primeiro premio será reproducida en

varios cartaces que se distribuirán por toda vila do Baño (Cuntis) e,

outrosí, polo C.P.I. don Aurelio.

  • · 2º PREMIO: Memoria USB, varios libros, CD de música galega en

galego.

  • · 3º. PREMIO: Memoria USB, varios libros, CD de música galega en

galego.

Coas imaxes e lemas gañadores editaranse marcapáxinas, que serán

entregados ás/aos alumnas/os deste centro de ensino.

 

OITAVO: Entrega de premios

A data de entrega de premios acordarase cos compoñentes do Departamento

de Normalización Lingüística do C.P.I. don Aurelio Marcelino Rey, así e todo,

intentarase que coincida o próxima posíbel co Día das Letras Galegas.

Venres 19 de Febreiro de 2010

O Fervedoiro


Comments are closed

»  Substance:WordPress   »  Style:Ahren Ahimsa