Arquivo de 'Acudeali!'

Premios Na Nosa Lingua

Luns 23 2008

O venres, día 20 de xuño, ás 12:30 da mañá, o noso colectivo entregou os premios do I Concurso de Normalización Lingüística Na Nosa Lingua. (more...)

Chuzame! chuzame -

Festidoiro O8´

Mércores 18 2008

Xa está pechado o cartel para o segundo aniversario do Fervedoiro, que desta volta levará o nome de: FESTIDOIRO 08. O esforzo deste ano centrouse en formar un cartel con grupos cen por cen en galego, grazas a iso contaremos coa presenza musical de Skárnio (ska - Vigo), Nao (metal hardcore- A Estrada), Motor Perkins (punkfolk - Lalín), Sem Resposta (hardcore - Vigo) e Sacaquedoe & Friend (sesión disco). A cita será o venres 22 de agosto na Feira da vila do Baño. (more...)

Chuzame! chuzame -

Nas ferventes augas da amizade

Martes 27 2008

David Otero fáinos chegar parabens para os/-as membros/-as do Fervedoiro "polas vosas atencións para comigo póis lográstedes que o día dezasete de maio fose moi importante na miña vida. Grazas. Buxo, beleza e liberdade amigos". (more...)

Chuzame! chuzame -

Festexando as nosas letras

Xoves 22 2008

Para celebrar o día das nosas letras foron artellados todos e cada un dos actos que días atrás publicitabamos dende aquí, o noso altofalante na internet. (more...)

Chuzame! chuzame -

Letras á rúa!

Xoves 15 2008

 Ha ser, esta que ven, unha fin de semana cargada de acontecementos dos que o noso colectivo formará parte, dende A Estrada e Milladoiro até Compostela, os diferentes actos que se están a preparar dende o tecido asociativo entorno ao Día das Letras Galegas contarán coa presenza e apoio da nosa asociación. (more...)

Chuzame! chuzame -

Adiante

Xoves 8 2008

As xornadas do CPI don Aurelio para este maio-longo son un exemplo de como é posíbel outra forma de ensino a través de temáticas lonxanas a eses libros de texto que editados dende ministerios de educación pouco saben, ou dín saber, da nosa realidade máis achegada. (more...)

Chuzame! chuzame -

Presentación do libro de Xohán Xesús González

Martes 29 2008

 Foi moita a emoción que o domingo 27 cubriu a Casa da Cultura Roberto Blanco Torres de Cuntis na presentación do libro "Xohán Xesús González: un precursor do soberanismo galego". (more...)

Chuzame! chuzame -

Recuperando a memoria

Mércores 23 2008

A editorial Laiovento puxo a disposición do Fervedoiro medio cento de exemplares do libro "Xohán Xesús González: un precursor do soberanismo galego" que, recordamos, será presentado este domingo 27 de abril a partir das 8 do serán na biblioteca municipal cuntiense "Roberto Blanco Torres". (more...)

Chuzame! chuzame -

Xohán Xesús González: un precursor do soberanismo galego

Venres 18 2008

 A presentación do libro do noso compañeiro Héitor Picallo: “Xohán Xesús González: un precursor do soberanismo galego” (prologado por X. L. Méndez Ferrín), no que recupera a historia deste mártir do 36, farase,coma non podía ser doutra maneira, no fogar do Fervedoiro. (more...)

Chuzame! chuzame -

GaleguiZando

Mércores 9 2008

Un novo paso á fronte na defensa e posta en valor do noso idioma foi dado polo Fervedoiro logo de realizar o traballo de traducción que levamos acabo en colaboración co Xulgado de Paz de Cuntis. (more...)

Chuzame! chuzame -

Na Nosa Lingua

Luns 24 2008

Velaquí continuamos co proxecto de colaborar activamente no proceso de normalización lingüística do noso Concello. Desta volta, en irmandade co CPI Don Aurelio, organizamos un concurso de promoción do galego entre os máis novos. (more...)

Chuzame! chuzame -

En marcha a Campaña de Normalización Lingüística en Cuntis ‘08

Mércores 30 2008

Vimos de rexistrar no Concello de Cuntis o documento da CNLC '08 (Campaña de Normalización Lingüística en Cuntis '08), que se compón dunha escolma de medidas que consideramos perfectamente asumíbeis e executábeis. Esiximos que dunha vez por todas se poña en funcioanamento o último termo do tan extenso nome da Concellaría de Cultura, Turismo, Xuventude, Deporte e Política Lingüística. Así como acollemos de bo grao a súa creación, non podemos senón denunciar a súa parálise no tocante a promoción do noso idioma medio ano despois do seu nacemento. Non esquezamos que polo medio hai unha cuantiosa dedicación exclusiva... (more...)

Chuzame! chuzame -

O Día das Letras 2008 para Álvarez Blázquez

Domingo 1 2007

Finalmente, a Real Academia Galega acordou onte elixir a figura do tudense Xosé María Álvarez Blázquez para ser homenaxeado o vindeiro ano co Día das Letras Galegas. Deste xeito, Xohán Xesús González, a proposta impulsada por nós, terá que agardar cando menos outro ano máis. (more...)

Chuzame! chuzame -

Día das Letras Galegas para Xohán Xesús González: adiante!

Xoves 28 2007

Un dezasete de maio para Xohán Xesús González!

A nosa proposta á Real Academia Galega para que de Xohán Xesús González sexa homenaxeado no Día das Letras Galegas reabríu o debate (more...)

Chuzame! chuzame -

Un 17 de maio para Xohán Xesús González

Martes 26 2007

Na loita pola recuperación da memoria e dignificación da figura de Xohán Xesús González, O Fervedoiro da un paso máis neste longo percorrido. Vimos de remitir á Real Academia Galega a proposta para que este ilustre persoeiro sexa homenaxeado co Día das Letras Galegas. (more...)

Chuzame! chuzame -