Arquivo de 'Acudeali!'

Un 17 de maio para Xohán Xesús González

martes 26 2007

Na loita pola recuperación da memoria e dignificación da figura de Xohán Xesús González, O Fervedoiro da un paso máis neste longo percorrido. Vimos de remitir á Real Academia Galega a proposta para que este ilustre persoeiro sexa homenaxeado co Día das Letras Galegas. (more...)

Chuzame! chúzame -

Na presentación de “Tilirín e os escritores das Letras”

sábado 26 2007

É esta a cuarta entrega da colección "o meu primeiro dicionario", que a editorial Fervenza acubilla na súa "república das letras". É para nós un privilexio poder dicir é o noso compañeiro Héitor Picallo o que lle da vida ao Tilirín e (more...)

Chuzame! chúzame -

17 de maio de 2007: María Mariño

mércores 16 2007

Vai ser a poeta barbanzá (de Noia) María Mariño a terceira muller á que se lle adique o Día das Letras Galegas (antes foron Rosalía de Castro e Francisca Herrera). Cada dezasete de maio, unha figura da nosa literatura é homenaxeada e, en moitos casos, serve esta data para difundir a súa figura. (more...)

Chuzame! chúzame -

Pola nosa lingua, no Mes das Letras

mércores 9 2007

Estamos xa de cheo no Mes das Letras. Como cada dezasete de maio celebramos este ano a festa da nosa lingua honrando a un ou unha escritora dos/as nosos/as. A elixida para este ano é María Mariño, e tempo haberá para centrármonos nesta figura. Hoxe imos referirnos á campaña que a Mesa pola Normalización Lingüística vén de botar a andar con motivo do Día das Letras. (more...)

Chuzame! chúzame -

Premios “San Martiño” de normalización lingüística

luns 18 2006

O pasado sábado, 16 de Decembro, tivo lugar na Estrada a entrega dos Premios "San Martiño" de normalización lingüística que cada ano (e van dezaseis) outorga a Asociación Cultural O Brado, que tivo a ben convidarnos e á que lle estamos moi agradecidos por lembrarse de nós. (more...)

Chuzame! chúzame -

Campaña de normalización lingüística no protocolo funerario

mércores 22 2006

O "culto á morte" que se profesa no noso país converte o falecemento dun familiar, veciño ou amigo nun acontecemento ao que se vencellan unha serie de rituais que, ao igual ca outro elemento calquera da nosa cultura popular, son transmitidos de xeración en xeración. Incomprensiblemente, o sector dos servizos funerarios é un nos que o galego atopa máis trabas á hora de lograr a normalidade. (more...)

Chuzame! chúzame -