Arquivo de 'cultural'

Premios Na Nosa Lingua

Luns 23 2008

O venres, día 20 de xuño, ás 12:30 da mañá, o noso colectivo entregou os premios do I Concurso de Normalización Lingüística Na Nosa Lingua. (more...)

Chuzame! chuzame -

Festidoiro O8´

Mércores 18 2008

Xa está pechado o cartel para o segundo aniversario do Fervedoiro, que desta volta levará o nome de: FESTIDOIRO 08. O esforzo deste ano centrouse en formar un cartel con grupos cen por cen en galego, grazas a iso contaremos coa presenza musical de Skárnio (ska - Vigo), Nao (metal hardcore- A Estrada), Motor Perkins (punkfolk - Lalín), Sem Resposta (hardcore - Vigo) e Sacaquedoe & Friend (sesión disco). A cita será o venres 22 de agosto na Feira da vila do Baño. (more...)

Chuzame! chuzame -

Dereito a competir

Luns 16 2008

Foi a cidade de Ourense un balbordo de actividades a carón das I Xornadas lúdico-deportivas: teatro na rúa, charla-coloquio, xantar popular, torneo de fútbol praia, amigábel siareir@s-persoeir@s, música ao vivo... E todo xirando ao redor dunha única reivindicación popular: OFICIALIDADE! (more...)

Chuzame! chuzame -

I Xornadas lúdico-deportivas

Venres 13 2008

Durante esta fin de semana a cidade de Ourense acollerá as Xornadas lúdico-festivas que organizan Siareir@s Galeg@s e A Esmorga. Hoxe venres será a presentación no Centro Social A Esmorga a partir das 20h, para o sábado  está preparada unha programación do máis variada con actividades dende a mañá ate a noite. (more...)

Chuzame! chuzame -

Nas ferventes augas da amizade

Martes 27 2008

David Otero fáinos chegar parabens para os/-as membros/-as do Fervedoiro "polas vosas atencións para comigo póis lográstedes que o día dezasete de maio fose moi importante na miña vida. Grazas. Buxo, beleza e liberdade amigos". (more...)

Chuzame! chuzame -

Festexando as nosas letras

Xoves 22 2008

Para celebrar o día das nosas letras foron artellados todos e cada un dos actos que días atrás publicitabamos dende aquí, o noso altofalante na internet. (more...)

Chuzame! chuzame -

Letras á rúa!

Xoves 15 2008

 Ha ser, esta que ven, unha fin de semana cargada de acontecementos dos que o noso colectivo formará parte, dende A Estrada e Milladoiro até Compostela, os diferentes actos que se están a preparar dende o tecido asociativo entorno ao Día das Letras Galegas contarán coa presenza e apoio da nosa asociación. (more...)

Chuzame! chuzame -

Presentación do libro de Xohán Xesús González

Martes 29 2008

 Foi moita a emoción que o domingo 27 cubriu a Casa da Cultura Roberto Blanco Torres de Cuntis na presentación do libro "Xohán Xesús González: un precursor do soberanismo galego". (more...)

Chuzame! chuzame -

Recuperando a memoria

Mércores 23 2008

A editorial Laiovento puxo a disposición do Fervedoiro medio cento de exemplares do libro "Xohán Xesús González: un precursor do soberanismo galego" que, recordamos, será presentado este domingo 27 de abril a partir das 8 do serán na biblioteca municipal cuntiense "Roberto Blanco Torres". (more...)

Chuzame! chuzame -

Xohán Xesús González: un precursor do soberanismo galego

Venres 18 2008

 A presentación do libro do noso compañeiro Héitor Picallo: “Xohán Xesús González: un precursor do soberanismo galego” (prologado por X. L. Méndez Ferrín), no que recupera a historia deste mártir do 36, farase,coma non podía ser doutra maneira, no fogar do Fervedoiro. (more...)

Chuzame! chuzame -

Na Nosa Lingua

Luns 24 2008

Velaquí continuamos co proxecto de colaborar activamente no proceso de normalización lingüística do noso Concello. Desta volta, en irmandade co CPI Don Aurelio, organizamos un concurso de promoción do galego entre os máis novos. (more...)

Chuzame! chuzame -

A forza da horterada

Luns 17 2008

De ruta turística polos recunchos de Cuntis, e co obxecto de visitar diversos lugares destas terras, varios membros de Fervedoiro descobren unha desas escenas, que por moito que se quixer, non se dan desprendido da vista; (more...)

Chuzame! chuzame -

Hoxe e sempre

Luns 10 2008

Unha data antes da celebración oficial do Día Internacinal da Muller Traballadora e por motivos alleos aos colectivos convocantes levouse a cabo o acto reivindicativo-simbólico en prol dos dereitos da muller impulsado dende as asociacións: Ken Keirades, A Fervenza, Coto Manguelo e O Fervedoiro. (more...)

Chuzame! chuzame -

Pola Igualdade!!

Venres 7 2008

Hoxe, día 7 de marzo, no CPI Don Aurelio de Cuntis, os participantes do concurso de fotografía promovido polo Concello de Cuntis en prol da Igualdade de Xénero, así como todos/as os/as alumnos/as, mestres/mestras do devandito colexio, puideron asistir á presentación visual de todas as imaxes presentadas. (more...)

Chuzame! chuzame -

Maxistral…

Domingo 10 2008

O sábado 9 de febreiro de 2008 ha quedar sinalado en vermello no almanaque do Fervedoiro para sempre. Terá que ser festivo en vindeiros anos... O acto celebrado onte en Cuntis, a conferencia de Xosé Manuel Beiras, fica xa nalgún recuncho da memoria dos e das que estivemos presentes. Foi un día para aprender, para disfrutar, e abofé que o fixemos! (more...)

Chuzame! chuzame -