Arquivo de 'cultural'
luns 10 2008
Unha data antes da celebración oficial do Día Internacinal da Muller Traballadora e por motivos alleos aos colectivos convocantes levouse a cabo o acto reivindicativo-simbólico en prol dos dereitos da muller impulsado dende as asociacións: Ken Keirades, A Fervenza, Coto Manguelo e O Fervedoiro. (more...)
chúzame -
Escrito en Social, cultural | Comments Off
venres 7 2008
Hoxe, día 7 de marzo, no CPI Don Aurelio de Cuntis, os participantes do concurso de fotografía promovido polo Concello de Cuntis en prol da Igualdade de Xénero, así como todos/as os/as alumnos/as, mestres/mestras do devandito colexio, puideron asistir á presentación visual de todas as imaxes presentadas. (more...)
chúzame -
Escrito en Social, cultural | Comments Off
domingo 10 2008
O sábado 9 de febreiro de 2008 ha quedar sinalado en vermello no almanaque do Fervedoiro para sempre. Terá que ser festivo en vindeiros anos... O acto celebrado onte en Cuntis, a conferencia de Xosé Manuel Beiras, fica xa nalgún recuncho da memoria dos e das que estivemos presentes. Foi un día para aprender, para disfrutar, e abofé que o fixemos! (more...)
chúzame -
Escrito en Social, cultural, xeral | Comments Off
luns 4 2008
Xosé Manuel Beiras é un referente indiscutíbel no panorama sociopolítico galego do último século. Proba disto é a admiración que esperta entre uns/unhas e a incomodidade que lle provoca a outro/as. No que todos/as coincidimos é no seu papel fundamental na construción do movemento popular galego organizado e na defensa dos intereses nacionais deste pobo. O vindeiro sábado (9 de febreiro), ás sete e media da tarde imos poder escoitalo no Baño, en Cuntis, espallando coñecemento sobre un tema que domina á perfección: "O colonialismo interior", unha escolma de circunstancias que han dar para abrirnos os ollos e entender un pouco máis o porqué de certas cousas. (more...)
chúzame -
Escrito en Social, cultural, xeral | Comments Off
luns 21 2008
Onte pasou por Cuntis algún actor ou algunha actriz que nun futuro non moi lonxano (menos de 600 anos, de seguro!) formarán parte do panorama escénico galego e serán recoñecidos/as polo seu talento. Churumbel Teatro presentounos “Parodia futurista: unha ollada a un futuro posible”, de Ramón Molina. Só podemos darlle os nosos parabéns a todos e todas as compoñentes que forman parte do grupo teatral de Merza. (more...)
chúzame -
Escrito en cultural | Comments Off
mércores 16 2008
Este vindeiro domingo imos darlle continuidade a un comezo de ano de alto nivel cultural en Cuntis. Logo do esplendoroso acto do pasado día catro, teremos connosco ao Grupo Churumbel Teatro, dende as terras de Merza para representar "Parodia futurista: ollada a un futuro posíbel" no Centro Sociocultural Xosé Raído Patelas. (more...)
chúzame -
Escrito en cultural | Comments Off
sábado 5 2008
A Casa da Cultura "Roberto Blanco Torres" de Cuntis quedouse pequena para acoller a primeira das presentacións que se farán por todo o país da obra de Xosé Luna "No Pazo de Laiovento Conversas con Francisco Pillado Maior". Ben agradecidos/as que estamos a cantos/as asististes! (more...)
chúzame -
Escrito en cultural | Comments Off
luns 31 2007
Aínda coa xornada do pasado 27 ben presente na lembranza, imos comezar o ano cun acto de altura. O vindeiro venres 4 de xaneiro, ás oito do serán na Casa da Cultura "Roberto Blanco Torres" presentamos o libro de Xosé Luna "No Pazo de Laiovento. Conversas con Francisco Pillado Maior". (more...)
chúzame -
Escrito en cultural | Comments Off
domingo 1 2007
Finalmente, a Real Academia Galega acordou onte elixir a figura do tudense Xosé María Álvarez Blázquez para ser homenaxeado o vindeiro ano co Día das Letras Galegas. Deste xeito, Xohán Xesús González, a proposta impulsada por nós, terá que agardar cando menos outro ano máis. (more...)
chúzame -
Escrito en Acudeali!, cultural | Comments Off
xoves 28 2007

A nosa proposta á Real Academia Galega para que de Xohán Xesús González sexa homenaxeado no Día das Letras Galegas reabríu o debate (more...)
chúzame -
Escrito en Acudeali!, Social, cultural, xeral | Comments Off
martes 26 2007
Na loita pola recuperación da memoria e dignificación da figura de Xohán Xesús González, O Fervedoiro da un paso máis neste longo percorrido. Vimos de remitir á Real Academia Galega a proposta para que este ilustre persoeiro sexa homenaxeado co Día das Letras Galegas. (more...)
chúzame -
Escrito en Acudeali!, Social, cultural, xeral | Comments Off
venres 22 2007
Para rematar esta semana de asistencia a actos de interese, estivemos onte mesmo en Pontevedra, na Sala Sargadelos, asistindo á conferencia organizada polas asociacións Sinhor Afranio e Sempre con Vós na que puidemos coñecer de primeira man as impresións de tres dos grandes historiadores deste país: Dionisio Pereira, Pepe Álvarez e Xoán Carlos Garrido. (more...)
chúzame -
Escrito en Social, cultural | Sen Comentarios »
sábado 26 2007
É esta a cuarta entrega da colección "o meu primeiro dicionario", que a editorial Fervenza acubilla na súa "república das letras". É para nós un privilexio poder dicir é o noso compañeiro Héitor Picallo o que lle da vida ao Tilirín e (more...)
chúzame -
Escrito en Acudeali!, cultural | Sen Comentarios »
sábado 14 2007
Unha representación do Fervedoiro asistíu onte á primeira das Xornadas que a Asociación A Oliveira de Teo organiza esta fin de semana con motivo do centenario do nacemento de Enrique Líster. (more...)
chúzame -
Escrito en Social, cultural, xeral | Sen Comentarios »
mércores 11 2007
A vindeira fin de semana, a Asociación A Oliveira (Teo) organiza unhas xornadas de homenaxe ao Xeneral, comunista e galego Enrique Líster. Xosé Luís Méndez Ferrín, Margarita Ledo, Isaac Díaz Pardo, Ramón Villares ou Xosé Neira Vilas son algúns/as dos/as persoeiros/as que intervirán. (more...)
chúzame -
Escrito en Social, cultural | 3 Comentarios »