Medio AmbienteArquivo para a categoría ''

Dende o mar da Arousa, recoñecemento ao Fervedoiro


marzo 18th, 2010

Arousáns do anoFoi o sábado 13 de marzo cando no auditorio de Vilagarcía, e de mans do xornal Diario de Arousa, agasallaron ao noso colectivo como un dos Arousáns do Ano 2010. Mercé das opinións dos/as lectores/as dese rotativo e do xurado que o mesmo convocou, ao Fervedoiro concedéuselle esta honra por mor do seu traballo a prol da recuperación das marxes do Gallo e, por extensión, todo o que afecta á conservación do medio ambiente, desenvolvendo unha continua campaña de concienciación social, de denuncia e de actividades “simbólicas” en colaboración con outros colectivos. 

Dende O Fervedoiro queremos agradecer este recoñecemento que se nos dá, e afirmar con rotundidade que de seguro que hai moitos máis colectivos galegos merecentes desta honra. Grazas polo tanto ao Diario de Arousa e os seus lectores e lectoras e grazas tamén por serdes os transmisores da nosa voz.

Queremos dedicar esta nosa teima e loita a todos os desempregadas e desempregados galegos –ao proletariado e ao subproletariado–, ás mulleres que acotío son víctimas da violencia de xénero, e a todos aqueles que loitan pola conservación dos recursos naturais e públicos (oxalá algún día as burgas de Cuntis volvan ser de todos/as os/as cidadáns/ás).

Queremos Galego! concentración 15.03.10, A Estrada.

Mais, por mor dos tambores de desprezo que resoan na nosa nación, queremos traer un respiro de compromiso dende os Ventos Ábregos do benquerido amigo e compatriota Avelino Abuín de Tembra:

¿Está a mocidade de Galicia interesada na sacratísima lingua do seu país, Galicia? ¿Está a mocidade intranquila e desacougada pola mesma existencia, difusa, incongrua, cinsenta, do propio país? (...). Ten que haber en Galicia unha mocidade liberal, xenerosa, magnánima e pródiga coa súa nación (...)”.

Agora e aquí, respondemos ao mestre: Velaquí nos tes irmán, velaquí ficamos, que xa somos e seremos moitos máis os que degoramos vivir e soñar o futuro en Galego.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
date
 

Na limpeza do río Gallo


setembro 27th, 2009

26 de setembro foi o día escolleito polo Fervedoiro para realizar a II Limpeza simultánea de ríos, coordinada dende O Proxecto Ríos (da asociación ADEGA).

(máis...)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
date
 

Tes unhas botas na casa?


setembro 24th, 2009

Aínda que será o vindeiro 27 de setembro cando diversos colectivos galegos se poñan as botas para participar na II Limpeza Simultánea de Ríos, O Fervedoiro realizarao –por razóns varias- o día anterior, o sábado 26.

(máis...)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
date
 

Camiños da terra


abril 27th, 2009

Xuntámonos o sábado día 25 de abril no lugar acordado (o entorno da capela do San Ramón da Anllada). Fomos cara a igrexa de Arcos e logo comezamos a subir até o monte, o do Caeiro, pola estrada que nos leva até ese lugar e logo por carreiros que nos fan subir polas abas do promontorio. (máis...)
Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
date
 

Roteiro por Arcos e a palabra acesa


abril 15th, 2009

O vindeiro sábado día 25 de Abril,  a partir das 10:30 da mañá, as asociacións culturais O Fervedoiro e  Ken Keirades (de Cuntis e A Estrada, respectivamente) levaremos a cabo o roteiro  de sendeirismo que conxuntamente organizamos.

(máis...)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
date
 

Goberne quen goberne… GaliZa Non Se Vende


febreiro 12th, 2009

Domingo, 15 de febreiro de 2009

Alameda de Compostela - 12:00h. (máis...)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
date
 

Vai polo río!


outubro 10th, 2008

Isto non é senón unha homenaxe ás nosas augas, ás nosas magoadas augas que día tras día soportan a presión da man humana, para nada pouco inofensiva, ás veces letal, ás veces... (máis...)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
date
 

Engados no Gallo


outubro 7th, 2008

O pasado sábado, 4 de outubro, ás 10:00h., reunímonos no lugar da Ponte 20 voluntarios e voluntarias do Fervedoiro co obxecto de desenvolver a actividade programada polo Proxecto Ríos (ADEGA) (máis...)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
date
 

Co gallo de salvar o río


outubro 2nd, 2008

O sábado día 4 de outubro O Fervedoiro, dentro das súas múltiples e variadas actividades que desenvolve durante o ano, realizará a limpeza dun tramo do río Gallo, ao seu paso pola capital municipal cuntiense –vila do Baño- (máis...)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
date
 

Todo está ben, nada vai mal; pero o río ben manchadiño


xuño 11th, 2008

    A partir das 3 da tarde do día de onte, 10 de xuño, un membro do Fervedoiro alertou ao colectivo dun novo vertido ao carón da pasarela de madeira onde temos ergueita unha pancarta na defensa das nosas augas. (máis...)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
date
 

Pasiño a pasiño desfacedes o camiño


maio 20th, 2008

Hoxe día 20 de maio rematou o prazo de exposición pública para alegacións á ocupación dos terreos onde se pretende fincar un aeroxenerador (A1) no Monte Caeiro, pertencente ao parque eólico Arca Fase 1, e O Fervedoiro sensibilizado co tema rexistrou a pertinente alegación na que se expoñen as distintas razóns polas que o noso colectivo amosa o seu rechazo. (máis...)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
date
 

Para cando as solucións?


maio 13th, 2008

En reiteradas ocasións vimos de observar que diversas canalizacións que verten supostamente augas pluviais ao río Gallo continúan emitindo restos diversos ao seu cauce. Sabemos da rexenaración que deste río se quixo facer e que, con maior ou menor fortuna, se resolveu. (máis...)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
date
 

Queremos saber…


maio 5th, 2008

Tendo coñecemento de que o pasado sábado 19 de abril operarios da empresa Termas de Cuntis S.L. realizaron labores, supostamente de inspección, na arqueta da burga "Fuego de Dios" (ou Lume de Deus), localizada na praza pública cuntiense chamada Praza de Galiza, solicitamos á Consellaría de Industria e Innovación explicacións sobre o estado no que se atopa a devandita burga.  (máis...)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
date
 

Completamos alegacións


abril 15th, 2008

 O 14 de abril rexistramos no Portelo Único da Xunta de Galiza (Concello de Cuntis), un complemento da alegación presentada o anterior día 11. Esta última foi sobre aspectos fundamentalmente de medio ambientes, e aquela, a que onte  presentamos versa sobre diversos aspectos do patrimonio histórico-artístico cuntiense e da contorna. (máis...)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
date
 

Quérese pasar polo aire o medio ambiente no Parque Eólico Touriñán III


abril 11th, 2008

Hoxe pola mañá, remitimos á Delegación Provincial de Pontevedra da Consellaría de Innovación e Industria e ao Subdirector de Espazos Naturais e Biodiversidade da Consellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel senllas alegacións (máis...)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
date