Arquivo de 'Medio Ambiente'

Visitas de rigor: achéganse as eleccións!

xoves 17 2008

A nosa vertente cultural, que neste comezo de ano amosamos con máis intensidade, non nos fai esquecer un dos nosos sinais de identidade: a denuncia. Un dos argumentos que máis temos repetido dende o noso nacemento é o desleixo que padece o río Gallo, as depuradoras de Cuntis e en xeral a parcela mediambiental. Con todo, temos que recoñecer avances dende a entrada do novo responsábel pero non podemos, con isto, conformarnos. (more...)

Chuzame! chúzame -

Agora, neumáticos

martes 18 2007

Temos que facer unha paréntese na "previa" futboleira para retomar o sendeiro da denuncia. Desta volta puidemos descubrir máis de medio cento de neumáticos tirados no monte na zona da Ponte Taboada, moi preto do Río Umia. (more...)

Chuzame! chúzame -

Resposta de Augas de Galicia en relación coa construción da Minicentral da Ermida

mércores 12 2007

Hoxe mesmo recibimos contestación da Consellaría de Medio Ambiente, concretamente do organismo Augas de Galicia, en relación coa carta remitida ao Conselleiro o pasado 7 de setembro na que se lle solicitaba a súa intervención para paralizar a desfeita medioambiental que a construción da Minicentral da Ermida está a causar. (more...)

Chuzame! chúzame -

Polo río abaixo van…

sábado 27 2007

Pola beira do río, para ser máis precisos. Polas marxes do Umia discorreu esta tarde a dignidade da oposición á minicentral da Ermida. Comprobouse que non eran cinco os que protestabamos por esta actuación política, empresarial, económica,... como afirmou no (Par)lamento Galego o responsábel de Augas de Galiza,... (more...)

Chuzame! chúzame -

A asociación O Arrieiro participará no Roteiro polo Umia

martes 23 2007

Xa noutras ocasións a Asociación O Arrieiro ten amosado a súa firme oposición á construción da minicentral da Ermida. Representan, coma nós en Cuntis, a oposición da veciñanza morañesa a esta nova agresión medioambiental na nosa comarca. O sábado estarán entre os que exixamos que se evite o asasinato. (more...)

Chuzame! chúzame -

Roteiro polo Umia

luns 22 2007

Como xa é ben sabido, ao Umia estáselle nestes momentos propiciando outro duro golpe que contribuirá a empeorar a calidade das súas augas e a destruír a paisaxe das súas ribeiras. As obras de construción dunha nova minicentral no lugar da Ermida levan causado xa un impacto ambiental irreparábel. Para comprobar de primeira man o que dicimos, organizamos un roteiro pola beira do Umia. Participade! (more...)

Chuzame! chúzame -

Indecentes

venres 12 2007

O pasado mércores chegou ao Parlamento Galego a construción da minicentral da Ermida, coa oposición que conleva, coa polémica e tamén coas irregularidades entre as que está a nacer. (more...)

Chuzame! chúzame -

Seguimento dos traballos para a fin dos vertidos

martes 9 2007

No día de onte comezaron, como estaba anunciado, os traballos na rede de sumidoiros cuntienses para detectar a procedencia dos vertidos que con demasiada frecuencia van parar ao Gallo e que en innumerábeis ocasións temos denunciado. (more...)

Chuzame! chúzame -

O tempo segue pasando na Ermida…

venres 28 2007

...e seguimos igual. Logo dun mes de agosto no que destapamos a situación, situándoa no debate público e á procura dunha paralización que salvara o Umia dun novo golpe letal. O tempo trouxo o esquecemento, non a paralización das obras. (more...)

Chuzame! chúzame -

Solucións?

sábado 22 2007

Se esta mesma semana alertabamos do enésimo vertido ás augas do Gallo nos últimos meses, hoxe damos conta dunha nova que lemos nun xornal de carácter local e que apunta á posíbel solución destes continuos vertidos ao río cuntiense. (more...)

Chuzame! chúzame -

Sen novidades no Gallo: máis vertidos

martes 18 2007

Chegamos a un punto no que xa non é novidade falar de vertidos no leito do Gallo, concretamente nunha das dezasete saídas que este afluente do Umia recolle ao seu paso polo centro da Vila do Baño (Cuntis). Onte, e hoxe, de novo (more...)

Chuzame! chúzame -

“A paralización é imposíbel pois a licenza foi obtida por silencio administrativo”

sábado 1 2007

Este venres, 31 de agosto, tivo lugar no escenario habitual (Salón de Plenos da Casa do Concello) a peza comico-dramática titulada "Pleno Municipal", a primeira co novo elenco de actores e actrices da política cuntiense á que asistimos nesta lexislatura. (more...)

Chuzame! chúzame -

“Non podemos permitirnos o luxo de paralizar as obras”

venres 24 2007

Nin máis nin menos. Esa é a resposta da Sra. Alcaldesa de Cuntis á vaga de oposición á minicentral que se está a construír na Ermida. E falamos de "vaga de oposición" porque xa non é unha teima deste colectivo, senón unha nova que acadou notoriedade nacional (e incluso máis, pois até algún xornal madrileño se fixo eco) e que vén sendo unha agresión máis ao medio natural que xa non se consinte calando coma noutrora. (more...)

Chuzame! chúzame -

Seguimos agardando a paralización das obras do Salto da Ermida

martes 21 2007

O pasado 14 de agosto alertabamos das obras xa comezadas no lugar da Ermida para a construción dunha nova minicentral no río Umia.

(more...)

Chuzame! chúzame -

SOS: comeza a construción dunha nova minicentral no Umia!!!

martes 14 2007

Sabemos, por testemuñas directas, que esta mesma mañá varios operarios comezaron os traballos previos ás obras da nova minicentral prevista para afogar un pouco máis o Umia, na aldea da Ermida (Cuntis). (more...)

Chuzame! chúzame -