Arquivo de 'Social'
martes 13 2008
En reiteradas ocasións vimos de observar que diversas canalizacións que verten supostamente augas pluviais ao río Gallo continúan emitindo restos diversos ao seu cauce. Sabemos da rexenaración que deste río se quixo facer e que, con maior ou menor fortuna, se resolveu. (more...)
chúzame -
Escrito en Medio Ambiente, Social, xeral | Comments Off
xoves 8 2008
As xornadas do CPI don Aurelio para este maio-longo son un exemplo de como é posíbel outra forma de ensino a través de temáticas lonxanas a eses libros de texto que editados dende ministerios de educación pouco saben, ou dín saber, da nosa realidade máis achegada. (more...)
chúzame -
Escrito en Acudeali!, Social, xeral | Comments Off
luns 5 2008
Tendo coñecemento de que o pasado sábado 19 de abril operarios da empresa Termas de Cuntis S.L. realizaron labores, supostamente de inspección, na arqueta da burga "Fuego de Dios" (ou Lume de Deus), localizada na praza pública cuntiense chamada Praza de Galiza, solicitamos á Consellaría de Industria e Innovación explicacións sobre o estado no que se atopa a devandita burga. (more...)
chúzame -
Escrito en Medio Ambiente, Social, xeral | Comments Off
martes 29 2008
Foi moita a emoción que o domingo 27 cubriu a Casa da Cultura Roberto Blanco Torres de Cuntis na presentación do libro "Xohán Xesús González: un precursor do soberanismo galego". (more...)
chúzame -
Escrito en Acudeali!, Social, cultural | Comments Off
mércores 23 2008
A editorial Laiovento puxo a disposición do Fervedoiro medio cento de exemplares do libro "Xohán Xesús González: un precursor do soberanismo galego" que, recordamos, será presentado este domingo 27 de abril a partir das 8 do serán na biblioteca municipal cuntiense "Roberto Blanco Torres". (more...)
chúzame -
Escrito en Acudeali!, Social, cultural | Comments Off
venres 18 2008
A presentación do libro do noso compañeiro Héitor Picallo: “Xohán Xesús González: un precursor do soberanismo galego” (prologado por X. L. Méndez Ferrín), no que recupera a historia deste mártir do 36, farase,coma non podía ser doutra maneira, no fogar do Fervedoiro. (more...)
chúzame -
Escrito en Acudeali!, Social, cultural, xeral | Comments Off
martes 15 2008
O 14 de abril rexistramos no Portelo Único da Xunta de Galiza (Concello de Cuntis), un complemento da alegación presentada o anterior día 11. Esta última foi sobre aspectos fundamentalmente de medio ambientes, e aquela, a que onte presentamos versa sobre diversos aspectos do patrimonio histórico-artístico cuntiense e da contorna. (more...)
chúzame -
Escrito en Medio Ambiente, Social, xeral | Comments Off
venres 11 2008
Hoxe pola mañá, remitimos á Delegación Provincial de Pontevedra da Consellaría de Innovación e Industria e ao Subdirector de Espazos Naturais e Biodiversidade da Consellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel senllas alegacións (more...)
chúzame -
Escrito en Medio Ambiente, Social, xeral | Comments Off
mércores 9 2008
Un novo paso á fronte na defensa e posta en valor do noso idioma foi dado polo Fervedoiro logo de realizar o traballo de traducción que levamos acabo en colaboración co Xulgado de Paz de Cuntis. (more...)
chúzame -
Escrito en Acudeali!, Social | Comments Off
martes 1 2008
Esta mañá, no rexistro xeral do Concello da Estrada, presentamos denuncia dos vertidos que no río Vea, na contorna da Bragada, se espallan contaminando as súas augas, en detrimento das terras, paisaxes e medio ambiente da zona. (more...)
chúzame -
Escrito en Medio Ambiente, Social | Comments Off
luns 31 2008
Onte, día 30 de marzo, á altura da pasarela do Gallo que se localiza detrás do Balneario de Cuntis (onde temos ergueita a nosa pancarta: NON MATEMOS AS NOSAS AUGAS!!), ao carón dunha presa que existe próxima a un dos lavadoiros fluviais que hai neste tramo do río, apareceu un can afogado. (more...)
chúzame -
Escrito en Medio Ambiente, Social, xeral | Comments Off
venres 28 2008
Logo de coñecer este pasado mércores un informe do corpo da Guardia Civil, ao que tivo acceso Movemento Polos Dereitos Civís, no que aparece o noso nome vinculado queremos facer público o seguinte comunicado. (more...)
chúzame -
Escrito en Social, xeral | Comments Off
xoves 27 2008
Onte, día 26 de marzo, membros do Fervedoiro procedemos a inspeccionar varios dos nosos ríos, e puidemos comprobar, in situ, que moitas veces a acción humana é letal coa natureza que nos nutre e abastece de recursos. (more...)
chúzame -
Escrito en Medio Ambiente, Social, xeral | Comments Off
luns 24 2008
Velaquí continuamos co proxecto de colaborar activamente no proceso de normalización lingüística do noso Concello. Desta volta, en irmandade co CPI Don Aurelio, organizamos un concurso de promoción do galego entre os máis novos. (more...)
chúzame -
Escrito en Acudeali!, Social, cultural | Comments Off
luns 17 2008
De ruta turística polos recunchos de Cuntis, e co obxecto de visitar diversos lugares destas terras, varios membros de Fervedoiro descobren unha desas escenas, que por moito que se quixer, non se dan desprendido da vista; (more...)
chúzame -
Escrito en Social, cultural, xeral | Comments Off