Arquivo de 'xeral'

Premios Na Nosa Lingua

Luns 23 2008

O venres, día 20 de xuño, ás 12:30 da mañá, o noso colectivo entregou os premios do I Concurso de Normalización Lingüística Na Nosa Lingua. (more...)

Chuzame! chuzame -

Festidoiro O8´

Mércores 18 2008

Xa está pechado o cartel para o segundo aniversario do Fervedoiro, que desta volta levará o nome de: FESTIDOIRO 08. O esforzo deste ano centrouse en formar un cartel con grupos cen por cen en galego, grazas a iso contaremos coa presenza musical de Skárnio (ska - Vigo), Nao (metal hardcore- A Estrada), Motor Perkins (punkfolk - Lalín), Sem Resposta (hardcore - Vigo) e Sacaquedoe & Friend (sesión disco). A cita será o venres 22 de agosto na Feira da vila do Baño. (more...)

Chuzame! chuzame -

Dereito a competir

Luns 16 2008

Foi a cidade de Ourense un balbordo de actividades a carón das I Xornadas lúdico-deportivas: teatro na rúa, charla-coloquio, xantar popular, torneo de fútbol praia, amigábel siareir@s-persoeir@s, música ao vivo... E todo xirando ao redor dunha única reivindicación popular: OFICIALIDADE! (more...)

Chuzame! chuzame -

I Xornadas lúdico-deportivas

Venres 13 2008

Durante esta fin de semana a cidade de Ourense acollerá as Xornadas lúdico-festivas que organizan Siareir@s Galeg@s e A Esmorga. Hoxe venres será a presentación no Centro Social A Esmorga a partir das 20h, para o sábado  está preparada unha programación do máis variada con actividades dende a mañá ate a noite. (more...)

Chuzame! chuzame -

Todo está ben, nada vai mal; pero o río ben manchadiño

Mércores 11 2008

    A partir das 3 da tarde do día de onte, 10 de xuño, un membro do Fervedoiro alertou ao colectivo dun novo vertido ao carón da pasarela de madeira onde temos ergueita unha pancarta na defensa das nosas augas. (more...)

Chuzame! chuzame -

Nas ferventes augas da amizade

Martes 27 2008

David Otero fáinos chegar parabens para os/-as membros/-as do Fervedoiro "polas vosas atencións para comigo póis lográstedes que o día dezasete de maio fose moi importante na miña vida. Grazas. Buxo, beleza e liberdade amigos". (more...)

Chuzame! chuzame -

Festexando as nosas letras

Xoves 22 2008

Para celebrar o día das nosas letras foron artellados todos e cada un dos actos que días atrás publicitabamos dende aquí, o noso altofalante na internet. (more...)

Chuzame! chuzame -

Pasiño a pasiño desfacedes o camiño

Martes 20 2008

Hoxe día 20 de maio rematou o prazo de exposición pública para alegacións á ocupación dos terreos onde se pretende fincar un aeroxenerador (A1) no Monte Caeiro, pertencente ao parque eólico Arca Fase 1, e O Fervedoiro sensibilizado co tema rexistrou a pertinente alegación na que se expoñen as distintas razóns polas que o noso colectivo amosa o seu rechazo. (more...)

Chuzame! chuzame -

Para cando as solucións?

Martes 13 2008

En reiteradas ocasións vimos de observar que diversas canalizacións que verten supostamente augas pluviais ao río Gallo continúan emitindo restos diversos ao seu cauce. Sabemos da rexenaración que deste río se quixo facer e que, con maior ou menor fortuna, se resolveu. (more...)

Chuzame! chuzame -

Adiante

Xoves 8 2008

As xornadas do CPI don Aurelio para este maio-longo son un exemplo de como é posíbel outra forma de ensino a través de temáticas lonxanas a eses libros de texto que editados dende ministerios de educación pouco saben, ou dín saber, da nosa realidade máis achegada. (more...)

Chuzame! chuzame -

Queremos saber…

Luns 5 2008

Tendo coñecemento de que o pasado sábado 19 de abril operarios da empresa Termas de Cuntis S.L. realizaron labores, supostamente de inspección, na arqueta da burga "Fuego de Dios" (ou Lume de Deus), localizada na praza pública cuntiense chamada Praza de Galiza, solicitamos á Consellaría de Industria e Innovación explicacións sobre o estado no que se atopa a devandita burga.  (more...)

Chuzame! chuzame -

Xohán Xesús González: un precursor do soberanismo galego

Venres 18 2008

 A presentación do libro do noso compañeiro Héitor Picallo: “Xohán Xesús González: un precursor do soberanismo galego” (prologado por X. L. Méndez Ferrín), no que recupera a historia deste mártir do 36, farase,coma non podía ser doutra maneira, no fogar do Fervedoiro. (more...)

Chuzame! chuzame -

Completamos alegacións

Martes 15 2008

 O 14 de abril rexistramos no Portelo Único da Xunta de Galiza (Concello de Cuntis), un complemento da alegación presentada o anterior día 11. Esta última foi sobre aspectos fundamentalmente de medio ambientes, e aquela, a que onte  presentamos versa sobre diversos aspectos do patrimonio histórico-artístico cuntiense e da contorna. (more...)

Chuzame! chuzame -

Quérese pasar polo aire o medio ambiente no Parque Eólico Touriñán III

Venres 11 2008

Hoxe pola mañá, remitimos á Delegación Provincial de Pontevedra da Consellaría de Innovación e Industria e ao Subdirector de Espazos Naturais e Biodiversidade da Consellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel senllas alegacións (more...)

Chuzame! chuzame -

Un animal bípedo asasina un can

Luns 31 2008

Onte, día 30 de marzo, á altura da pasarela do Gallo que se localiza detrás do Balneario de Cuntis (onde temos ergueita a nosa pancarta: NON MATEMOS AS NOSAS AUGAS!!), ao carón dunha presa que existe próxima a un dos lavadoiros fluviais que hai neste tramo do río, apareceu un can afogado. (more...)

Chuzame! chuzame -