Arquivo de 'xeral'
A forza da horterada
luns 17 2008Colaboramos na distribución do novo CD de Skárnio
luns 18 2008Skárnio é un dos grupos punteiros de Galiza. Destacan polo seu compromiso e pola contundencia nas súas letras, que refliten sempre unha realidade social: a nosa. "O nosso caminho" é o seu novo traballo e está xa á venda. Editado baixo licenca "Copileft" e ao acubillo de Arredista Produçoms mantén o espírito de loita que sempre identificou o grupo. (more...)
chúzame - Domingo 17: manifestación nacional de GNSV contra a destrución do territorio
xoves 14 2008
A rede nacional Galiza Non Se Vende, da que O Fervedoiro fai parte, berrará o vindeiro domingo en Compostela contra a detrución do territorio. Será unha "mani-festa-acción" para esixir a fin das actitudes que están a esnaquizar a nosa paisaxe en prol dos intereses capitalistas e co consentimento dos nosos gobernantes. Ás doce da mañá, na Alameda da Capital: terra viva e digna para tod@s!!!! (more...)
chúzame - Lavadoiros que se perden
martes 12 2008Maxistral…
domingo 10 2008O sábado 9 de febreiro de 2008 ha quedar sinalado en vermello no almanaque do Fervedoiro para sempre. Terá que ser festivo en vindeiros anos... O acto celebrado onte en Cuntis, a conferencia de Xosé Manuel Beiras, fica xa nalgún recuncho da memoria dos e das que estivemos presentes. Foi un día para aprender, para disfrutar, e abofé que o fixemos! (more...)
chúzame - “O colonialismo interior”, por Xosé Manuel Beiras
luns 4 2008Xosé Manuel Beiras é un referente indiscutíbel no panorama sociopolítico galego do último século. Proba disto é a admiración que esperta entre uns/unhas e a incomodidade que lle provoca a outro/as. No que todos/as coincidimos é no seu papel fundamental na construción do movemento popular galego organizado e na defensa dos intereses nacionais deste pobo. O vindeiro sábado (9 de febreiro), ás sete e media da tarde imos poder escoitalo no Baño, en Cuntis, espallando coñecemento sobre un tema que domina á perfección: "O colonialismo interior", unha escolma de circunstancias que han dar para abrirnos os ollos e entender un pouco máis o porqué de certas cousas. (more...)
chúzame - Manifestación de “Galiza Non Se Vende”
martes 29 2008Gailza non se vende é a rede nacional de colectivos contra a destrución do noso territorio. O vindeiro 17 de febreiro vai ter lugar en Compostela a manifestación que simbolizará o existir desta plataforma. Vai ser un acto para berrar contra as actuacións que dende a costa até o interior, dende os ríos ás rías e dende os montes aos vales están a destruír salvaxemente a nosa paisaxe para beneficio dos poderes económicos e en estreita colaboración e co consentimento dos e das gobernantes. (more...)
chúzame - 9 de febreiro: Xosé Manuel Beiras
domingo 27 2008Vai ser unha data a marcar en vermello no almanaque do Fervedoiro, a lembrar por sempre. Vai ser o día no que teñamos connosco ao referente político máis importante deste país dende Afonso Daniel Rodríguez Castelao. O peche musical do acto ha ser tamén de luxo: Roi Casal, de Milladoiro.
SÁBADO NOVE DE FEBREIRO. SETE E MEDIA DO SERÁN.
CASA DA CULTURA "ROBERTO BLANCO TORRES". CUNTIS.
chúzame - O tempo segue pasando na Ermida… (2ª parte)
mércores 23 2008Os pactos de silencio, coma todos os pactos, pódense utilizar para afogar no esquecemento aquilo que non interesa e seguir cara adiante con todo o demais como se o incómodo non existira. O que non está na boca da xente non molesta, e mentres, podemos seguir vendendo as marabillosas actuacións e inxentes investimentos que o noso municipio vai recibir. A pasada semana, o delegado provincial de Medio Ambiente visitou as obras de acondicionamento dunha beira do Gallo en Cuntis, pero do que non temos constancia (non se informou) é de que visitara outras que seguen adiante malia ter un expediente aberto: as da minicentral da Ermida. E como el non as visitou, visitámolas nós. (more...)
chúzame - Oficialidade XA!
venres 28 2007En movemento, a 120!
mércores 26 2007Polo chan as marcas do ano pasado. Case setenta persoas, máis de medio cento delas en bus, son números que quedan lonxe xa a día de hoxe para a viaxe de mañá a Vigo. Este ano, para estar á beira das Seleccións Galegas de futbol (masculina e feminina), o Fervedoiro vai mobilizar a 120 persoas de toda a comarca, 80 delas en dous autobuses que partirán dende O Baño. Aí queda iso. (more...)
chúzame - A resposta
domingo 23 2007Onte sábado tivo lugar a presentación en Cuntis do DVD "1996-2006: Dez anos luitando por Galiza", editado por Siareir@s Galeg@s e no que se recollen os dez ultimos anos de reivindicación da oficialidade das nosas selección. A Casa da Cultura "Roberto Blanco Torres" encheuse para asistir ao acto e dar mostra do compromiso popular en prol do noso dereito a competir internacional e oficialmente en todas as modalidades deportivas. A resposta está sendo máis ca satisfactoria! (more...)
chúzame - Dereito a decidir, dereito a competir
mércores 19 2007Ezequiel Mosquera
Un dos deportistas galegos de máis alto nivel vai estar connosco o vindeiro sábado na presentación do DVD "1996-2006: Dez anos luitando por Galiza", de Siareir@s Galeg@s. Ezequiel Mosquera, o ciclista de Teo tan valorábel pola súa valía sobre a bicicleta como polo súa humildade e compromiso. (more...)
chúzame -