SIDEBAR
»
S
I
D
E
B
A
R
«
Documentación rexistrada
Abril 11th, 2008 by ofervedoiro

ALEGACIÓNS AO “ESTUDIO DE IMPACTO AMBIENTAL Y PROYECTO DE RESTAURACIÓN DEL PARQUE EÓLICO TOURIÑÁN III, EN LOS MUNICIPIOS DE CUNTIS, CAMPO LAMEIRO Y A ESTRADA (PONTEVEDRA)”.

Da lectura atenta do “Estudio de impacto ambiental y proyecto de restauración del parque eólico Touriñán III”, despréndense diversas contradicións, incongruencias e omisións que non poden ser admitidas baixo ningún concepto nun instrumento destas características:

 

Comezaremos por facer referencia ao apartado dedicado á Edafoloxía da zona (p. 76), no que se afirma que “La mayor extensión corresponde a suelos que tienen el perfil A/C que se clasifican como Rankers húmedos”. “En segundo lugar se encuentran los suelos con perfil A/(B)/C sobre materiales silíceos, clasificables como TIERRAS PARDAS HÚMEDAS: Constituyen el suelo climax de las zonas húmedas españolas”. Ou as posteriores (p. 126, por exemplo): “Se puede decir que el entorno del área de estudio se caracteriza por ser principalmente una zona de uso agrario y forestal”.

No entanto, os redactores do Estudo de Impacto non dubidan en afirmar que “no existen en la zona suelos especialmente valiosos por su composición o conformación”, achacando o feito aos (oportunos) incendios estivais de 2006 e ignorando a presenza de áreas de turbeira e braña, destinadas dende tempo inmemorial á explotación agrosilvopastoril do medio.

Semella non se ter valorado que os incendios frecuentes de vexetación veñen a ser parte consubstancial deste tipo de paisaxe e das prácticas gandeiras seculares que se desenvolvemento na zona e, porén, non revisten un problema a longo prazo para os hábitats presentes na zona.

 

Tocante aos efectos sobre as augas que as obras poden ter, nas páxs. 78 e 79 do devandito estudo dise: “En el centro del área de estudio nacen el Rego das Porquerías [sic] y el Regueiro do Cubillón”. Deixando de lado a errada onomástica empregada para definir o Rego das Porqueiras (e non Porquerías), que indica cando menos unha certa despreocupación no coñecemento do lugar (e por ende unha falta de respecto ao patrimonio inmaterial que coadxuva a microtoponimia galega), afectaríase coas obras a estes cursos de auga de maneira directa, co cal se correría o risco de sufrir desabastecemento de líquido de calidade nos cauces inferiores que se nutren destes regatos e dos que se trasfega auga a varios núcleos habitados próximos.

Tamén se afirma que o Regueiro da Rega “en su recorrido atraviesa la zona este de implantación del parque eólico”. Quen se pensa facer con este curso fluvial? De realizarse nel algunha intervención sería necesaria a aquiescencia do organismo de conca correspondente.

A liña seguida, logo de enumerar unha ducia de cauces que se atopan na zona de obras afírmase que “buena parte de los cursos de agua existentes son de escasa importancia y a menudo no permanentes, por lo que es difícil que desarrollen un hábitat fluvial importante”. De for isto así, non se comprende como nas páxinas posteriores se enumeran como de presenza posible na zona1 máis de medio cento de especies animais vencelladas a hábitats de árbores frondosas. Como pode ser posíbel que en cursos de auga non permanentes e de escasa importancia se valore a presenza de anguías (Anguilla a.), troitas (Salmo trutta), lontras (Lutra l.) e merlos rieiros (Cinclus c.)?

Como se explica, se o anterior fose certo, que no apartado “Procedemento” da toma de mostras de auga nos cursos da zona (p. 81) se especifique que se efectuará “lo más lejos de la orilla que sea posible”? Ou que na páxina 212 se aluda a que “no se modificará directamente la red hidrológica de la zona, compuesta por varios regatos y arroyos, sin autorización expresa del organismo de cuenca”? Dilucídase, deste xeito, que existe unha rede de cursos de auga de certa entidade que se pretende modificar de xeito subrepticio.

Da toma de mostras de auga nos puntos de control previos, infírese que a calidade das augas da zona é elevada (p. 85), con valores obtidos “inferiores a los límites establecidos”. Logo, trátase de auga de excelente calidade, que dá servizo a núcleos habitados que se verían en perigo de desabastecemento de se levar a cabo a instalación do parque.

 

O informe, ademais de estar inzado de incongruencias coma as anteriores, adoece de omisións graves, non só no tocante aos hábitats presentes na zona, senón no apartado de flora e fauna, que merecen ser salientadas e subliñadas:

A existencia de turbeiras e zonas enchoupadas (brañas) demóstrase no lugar afectado polas obras, mercé da presenza no monte Cádavo de especies de anfibios e réptiles contempladas no decreto específico de protección da Xunta de Galicia como “en perigo de extinción” ou “vulnerábeis”, mais que non son contempladas polos redactores do estudo de impacto medioambiental. Tal é o caso, no apartado de Anfibios e Réptiles, da píntega galega (Chioglossa lusitanica) –“vulnerábel” segundo a lexislación da Comunidade Autónoma Galega–, o sapiño corriqueiro (Bufo calamita), a cóbrega de auga (Natrix n.), a víbora galega (Vipera seoanei), a estroza (Hyla arborea) –tamén “vulnerábel” verbo o que achega a Xunta de Galicia–, o limpafontes verde (Triturus marmoratus), o limpafontes palmeado (Triturus helveticus), o limpafontes común (Triturus boscai) ou a lagarta de montaña (Lacerta monticola), o sapiño moteado (Discoglossus galganoi) –“vulnerábel”- entre outras, das que se achegan fotografías tomadas na zona que demostrarán, efectivamente, a súa presenza alí (Vid. ANEXO V), contradicindo a deficiente catalogación efectuada polos técnicos contratados ao efecto (Vid. ANEXO II), os que afirman, erradamente, que “en la zona afectada no existen especies endémicas o incluidas en el Catálogo Nacional de Especies Amenazadas (Real Decreto 439/1990 de 30 de marzo) que vayan a ser afectadas por la implantación del parque eólico” (p. 177). Sendo tamén falsa, porén, a aseveración de que “no se han inventariado especies en peligro de extinción” na zona (p. 179), como se inferirá da presente alegación.

 

Omisións de especies vexetais propias de turbeiras e zonas húmidas son erros graves, xa que na zona existe Drosera rotundifolia e varias especies do xénero Sphagnum (como demostran as fotos do ANEXO V e o ANEXO I), ademais de varios endemismos, estaríamos a falar dunha zona de turbeira. Pois ben, todas estas especies enumeradas no ANEXO I e as demais características das turbeiras (e as mesmas turbeiras como hábitats susceptíbeis de especial protección pola Lexislación Comunitaria) son omitidas no Estudo de Impacto Medioambiental do parque eólico Touriñán III.

Parque eólico que, como se afirma no estudo obxecto da presente alegación (pp. 95-96): “Según la información consultada de la base de datos del Ministerio de Medio Ambiente […], que se recoge en el PLANO Nº 15. – HÁBITATS NATURALES, una parte del parque eólico se desarrollaría sobre una gran mancha (3.042,60 hectáreas) en la que estarían presentes tres hábitats de los citados anteriormente, dos catalogados como de interés comunitario y uno natural prioritario2.

Tales zonas de turbeira non contempladas (moi oportunamente) no estudo de impacto medioambiental, veríanse afectadas irremediabelmente na “fase de obras”, que “provocará la destrucción de las especies vegetales existentes en las zonas concretas de emplazamiento, así como las cercanas a ellas” (p. 176). Actuación que sería puníbel conforme á lexislación comunitaria vixente e liñas atrás citada; máxime se, como se afirma, “la primera acción a realizar será la retirada de la capa de tierra vegetal”, sen proceder á separación de horizontes e con un espesor de 30 centímetros (p. 211): dedúcese entón que na zona aínda hai unhas terras de certo potencial, e non se atopan erosionadas en extremo como se pretende facer ver no texto obxecto da presente alegación

 

Se supoñemos que o inventario de especies vexetais atopadas “dentro de la poligonal que definen el parque eólico” se levou a cabo con data de 15 de marzo de 2007 é lóxico que especies de plantas coma a Drosera rotundifolia (que unicamente xorden da turba avanzado o mes de maio) e outras representativas dos hábitats higroturbosos non fosen atopadas nesa única (en aparencia) prospección sobre o terreo levada a efecto polos técnicos. Prospección deficiente no eido metodolóxico e, porén, nos resultados; velaí, por certo, que nesa mesma data do 15 de marzo de 2007 se tomasen mostras de auga de referencia en catro puntos distanciados ademais de pretender localizar e prospectar 15 posíbeis refuxios diúrnos de morcegos, do que deducimos que o estudo padece defectos e incongruencias debido ás escasas molestias que se tomaron os técnicos, posto que nunha única visita a toda a zona supervisan máis de 3.000 hectáreas de extensión.

 

Ao xa citado conxunto de omisións tamén hai que sumarlle outras igualmente graves. Non se fala nada de especies como lobo (Canis lupus signatus) e a lebre (Lepus granatensis), que contan na zona con efectivos a pesares do incendio de 2006, como van a demostrar as fotografías adxuntas á presente alegación (Vid. ANEXO V).

Tamén debemos engadir, no caso das aves rapaces diúrnas, a gatafornela (Circus cyaneus) e a tartaraña cincenta (Circus pygargus), especies estivais (de aí a imposibilidade de localizar as varias parellas reprodutoras na zona no mes de marzo) nidificantes no lugar e protexidas, das que a Xunta de Galicia está a tratar de desenvolver un proxecto de recuperación (que curioso!). Cuestión esta última que batería de xeito frontal coa instalación nestes lugares de infraestruturas eólicas de calquera tipo, máxime cando se vén de producir a fase de licitación da asistencia técnica para a procura do seu plan de recuperación.

Tamén están presentes na zona, en contra do que se asevera no estudo de impacto, o falcón común (Falco peregrinus) e o lagarteiro (Falco tinnunculus), dos que se achegan fotos tomadas nas partes máis elevadas da zona (Vid. ANEXO V). Por ende, son así mesmo aves protexidas, que nos hábitats pedregosos elevados –nos que se localizarían os aeroxeneradores– se adoitan reproducir (“Los aerogeneradores estarán ubicados principalmente en los peñascales de las zonas altas […], y, por lo tanto, no ocuparán lugares de nidificación de las aves residentes en la zona”, p. 110). Aínda cómpre subliñar máis cousas. Páxinas adiante, cando se torna a falar da localización dos aeroxeneradores e da mortaldade que lles ocasionan ás aves, afírmase que “los situados cerca de zonas abruptas (cortados, laderas) registran una mortalidad dos veces superior que el resto” (p. 183); ou que “la futura distribución de los aerogeneradores, se realizará en las cimas más escarpadas” (p. 184); e que “los únicos pasos que se producen los de la fauna local de un valle a otro, atravesando por tanto la cima de los cordales” (p. 184).

Porén, dedúcese que a presenza deste enxeños non só provocará baixas entre as especies de aves protexidas presentes na zona, senón que o fará dobremente, sendo tamén falsa a afirmación que se verte na páxina 185: “Por todo ello se considera que la posibilidad de colisión de aves con los aerogeneradores en este parque debe ser baja, aunque no se descarta que se pueda producir”.

Así, podemos supoñer que o efecto sobre estas poboacións de rapaces será desastroso.

O mesmo acontece co azor (Accipiter gentilis), do que se ignora a súa presenza nas avaliacións alegadas, malia que se recoñece (p. 110) que “Las principales zonas de nidificación se encuentran en las pequeñas agrupaciones boscosas de los alrededores del parque eólico”. Zonas boscosas estas que deben existir, formando parte desa mancha de máis de 3000 hectáreas á que facíamos mención e nas que estarían dous hábitats de interese comunitario e un natural prioritario que se pasan por alto.

É precisamente nesas zonas onde se reproduce con certeza, dende cando menos o ano 2003, unha das escasas parellas de aguia cobreira (Circaetus gallicus), que o fai na Comunidade Autónoma Galega e da que se achegan fotografías que demostrarán o errado das conclusións dos redactores do estudo (Vid. ANEXO V)3.

Tocante ás rapaces nocturnas, afírmase (na p. 108 e reitérase na 109) que “no se realizó estudio de campo puesto que este mes no se considera el más apropiado para la detección de rapaces nocturnas”. Discrepamos da afirmación, xa que é precisamente nesas datas cando resulta máis doada a localización destes animais, que comezan a época de apareamento e se poden escoitar e observar doadamente. Achacamos de novo a aplicación dun método errado os resultados falseados que se fan explícitos no estudo de impacto ambiental: así, puidemos comprobar na zona a presenza de especies coma a avelaiona (Strix aluco), a curuxa das xunqueiras (Asio flammeus) e o mou (Asio otus). E, dado que estamos nun medio rochoso no que se quer instalar os aeroxeneradores, non sería descartábel a presenza de bufo (Bubo b.), polo que se recomenda un estudo polo miúdo deste e doutros aspectos, non coma este –“Estudio de impacto ambiental y proyecto de restauración del parque eólico Touriñán III”– que adoece de ser completo, real e fiábel.

 

Indirectamente pódenlle afectar as obras de instalación do parque eólico a especies que nin sequera pisen este territorio. Por exemplo, especies que viven en cauces fluviais próximos e que se poden ver afectadas polos vertidos contaminantes que en principio parece que non se descartan, como o mexillón de río (Margaritifera m.), de presenza comprobada no Umia. Así pois, coa presente, remitimos unha listaxe con todo o que levamos observado ao longo de varios anos de estudo, tanto no monte Cádavo como na Serra de Monteagudo, e respectivas contornas, ademais do curso alto próximo do Umia (Vid. ANEXOS). Sen dúbida, trátase dunha listaxe ben máis ampla que a achegada polos técnicos do estudo encargado pola administración pública (aínda que asemella que estes só empregaron un día en facela): de aí a súa afirmación de que a zona posúe un reducido valor ecolóxico. Nada máis lonxe da realidade, como se desprende dos datos que aquí entregamos a continuación, e que dan boa fe da riqueza que aínda persiste en toda a zona.

 

Coincidimos cos redactores do estudo, iso si, cando afirman no apartado de prospección de refuxios diúrnos de morcegos (como non, realizado o 15 de marzo de 2007!) en que “hubiera sido recomendable tanto una búsqueda más intensa como la prospección de un territorio mayor” (p. 114). E rexeitamos de cheo a súa afirmación, baseada ao parecer nunha única visita á zona e durante unha época que eles mesmos recoñecen como pouco axeitada, de que “No existe pasillo migratorio específico […], siendo los únicos pasos que se producen los de la fauna local de un valle a otro, atravesando por tanto la cima de los cordales” (p. 184).

 

Tamén aseguran as persoas que elaboraron o informe que “se puede decir que la calidad visual de la zona es media” (p. 124). Aparte de que consideramos pouco obxectiva tal valoración, ofrecemos varias fotos da contorna correspondentes aos anos 2001, 2002, 2003 e 2004, que demostran a gran calidade paisaxística do entorno, a súa capacidade de recuperación dos reiterados incendios nun curto espazo de tempo, e mesmo fan concluír que a presenza de xacementos megalíticos (mámoas e antas), así como doutro tipo, existentes na zona son máis que relevantes, sendo de imperiosa necesidade unha prospección minuciosa por técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia para a súa avaliación por profesionais. Debe terse en conta que as actuacións antrópicas veñen a se desenvolver na zona dende o terceiro milenio a de C. de forma ininterrompida. Así, na “Reseña Histórica” do propio informe (p. 131) afírmase que, por exemplo en Campo Lameiro, existen “importantes restos arqueológicos” que “reflejan una intensa ocupación del término municipal desde el megalitismo. Esta situación se mantiene en la Edad del Bronce y del Hierro, dando lugar al desarrollo de una importante cultura castreña”; ou que “el municipio es considerado como la capital del arte rupestre gallego” (p. 147). E teñamos en conta que as estacións rupestres teñen en Galiza a consideración BIC (Ben de Interese Cultural). De seguido cítanse os petróglifos de Sebil e Cequeril (Concello de Cuntis), dos que cumpriría facer unhas máis amplas sondaxes posto que a zona onde se atopan as insculturas dos Campiños, do Galiñeiro, Laxe dos Homes e outros, teñen un potencial arqueolóxico bastante considerábel, polo que puideran aparecen máis laxes insculturadas e valor arqueolóxico, cultural e histórico. Alén disto, na zona de instalación dos aeroxeneradores existen varios conxuntos rupestres, dos que se achega mostra nas fotografías da presente alegación (Vid. ANEXO V).

Deberan engadirse ao uso agrario e forestal do entorno (recoñecido polos redactores do informe nas páxinas 126 ou 146, por exemplo), o uso lúdico, de esparcemento e axeitado para o desenvolvemento de actividades como a caza ou as excursións a cabalo, a pé e mesmo en vehículos, que levan anos realizándose axeitadamente e que, de forma velada, se apuntan no estudio: “Campo Lameiro es una importante zona de pesca y de caza. […] Asimismo su abundante caza está controlada por varias sociedades” (p. 129). Parece dilucidarse destas verbas unha relevancia da fauna moito maior da que amosa o estudo de impacto en liñas xerais. Tamén a festa do cabalo en Mesego (Cuntis), a rapa das bestas de Sabucedo (A Estrada), declarada de Interese Turístico Internacional, ou a caza e a pesca, que “son actividades muy practicadas” en Cuntis, semellan indicar outros usos destes terreos aparte dos explicitamente recoñecidos.

 

Concluíndo, unha metodoloxía de campo deficiente, un estudo baseado nunha (aparentemente) única visita á zona por parte dos encargados de realizalo, nunha época desfavorábel para apreciar a presenza de especies migratorias de aves (Circus cyaneus, Circus pygargus, Circaetus gallicus.), a ignorancia –ou cando menos omisión– das prácticas gandeiras extensivas típicas do hinterland e mesmo un coñecemento deficiente da composición dos solos que ignora a existencia de hábitats de turbeira que contan con protección comunitaria, ao que debemos sumar omisións graves de especies florísticas e faunísticas protexidas que, como se demostra co material gráfico adxunto, están presentes na zona, nidificando e reproducíndose nela, fan que nos opoñamos rotundamente á execución das obras do parque eólico Touriñán III e ao estudo e avaliación de impacto medioambiental, ao que consideramos insatisfactorio, debido en parte erros e datos falsos, resultando tamén en consecuencia erradas e/ou falsas as apreciacións dos técnicos encargados da súa elaboración.

Se engadimos que, como afirman os redactores do estudo alegado “la ejecución y puesta en marcha del proyecto de Parque eólico produce un impacto por contaminación acústica. Este impacto afecta tanto a personas como a la fauna, produciendo trastornos en el bienestar de los mismos” (p. 163); e que “las molestias originadas por estas actividades abarcan a dos tipos de receptores: Población humana de los pueblos cercanos al parque” e “Fauna residente, anidante o de paso en la zona de implantación del parque” (p. 164); alén de que “pueden ser necesarias voladuras, produciéndose movimientos de tierra y de maquinaria pesada” (p. 181). Tamén se contempla “el posible vertido accidental de combustibles, aceites y otras sustancias contaminantes directamente sobre los cursos de agua, o indirectamente al verterlas en otro lugar pero que al final van a desembocar en ellos” (p. 175); ao mesmo tempo que “la población de los núcleos cercanos se puede ver afectada por la implantación del parque eólico en dos sentidos: Aumento del nivel de ruidos por el funcionamiento de los aerogeneradores. Por otra parte, se pueden producir interferencias electromagnéticas que pueden ser fuente de molestias relativas para la población que vive en las inmediaciones por diferentes motivos: Efecto sombra de las palas sobre la propagación de ondas electromagnéticas, y en particular, las señales de televisión y de radio” (p. 192). Subliña, asemade, que o aproveitamento silvícola puidera quedar modificado polas obras e, porén, o futuro agrario de boa parte dos veciños hipotecado.

Este informe tamén achega que non reduce nin elimina ningunha outra fonte de enerxía contaminante que lles afecta, en orde a substituír ao petróleo ou aos seus derivados, senón que as únicas contraprestacións para a poboación que se contemplan son meras posibilidades das que non se aportan datos cuantitativos: “La explotación del parque eólico podrá generar empleo”.

As preguntas agora que debemos formular son: canto postos de traballo vai xerar e a que custes? Coa escusa dos postos de traballo preténdese aseverar que é algo útil para a cidadanía?

Tamén se atreven a dicir que “La instalación de este parque eólico en el municipio supondría, así mismo, la desaceleración de la pérdida de habitantes de los tres pueblos, gracias a la reactivación económica” (p. 206): afirmacións que poñen de manifesto o descoñecemento absoluto da xeografía, da sociedade e da historia da zona: non se trata dun municipio afectado, senón de tres (A Estrada, Cuntis e Campo Lameiro). Non son pobos, senón vilas con autonomía municipal cada unha delas.

E se discrepamos das apreciacións anteriores, non podemos menos que manifestar o noso máis fondo escepticismo por conclusións baseadas nun coñecemento raiano no paranormal, coma a de que, tras a instalación do parque eólico “se espera una evolución positiva de este municipio, lo que provendría tanto desde el traslado de población desde otros lugares a vivir, comprar o trabajar, así como el incremento de la natalidad por la mejora de las condiciones de vida. […]. Por lo tanto, se producirá una mejora generalizada en el entorno, con una disminución del desempleo debido a la creación de puestos de trabajo” (p. 207).

Non coñecemos ningún caso no que exista un parque eólico e a xente se quedase como residente no lugar da implantación. É máis, o despoboamento rural cada vez increméntase por mor de moitos factores, e este, é un deles. Porén, coidamos que a mellora da natalidade xurdirá das múltiples pistas de acceso ao monte Cádavo, que proporcionarán deste modo ás parellas de noivos un doado acceso en coche a un ambiente bucólico, por certo, quizais con contaminación electroacústica.

Alén, de todo o comentado, quixésemos saber en que mellora a calidade de vida dos veciños destes lugares. Aínda que coñecemos que pola instalación de tales aeroxeneradores os concellos afectados recibirán un canon anual, haberá mellor servizo eléctrico? Terán os veciños de Cuntis, A Estrada e Campo Lameiro unha rebaixa na factura da luz? Son estas verdadeiras políticas sociais?

 

Logo deste breve percorrido polas incongruencias e omisións do estudo, e considerando que é labor da administración velar polo patrimonio natural e arqueolóxico ademais de polo benestar da poboación, non queda outra que manifestar a nosa rotunda oposición á execución das obras de instalación do devandito parque eólico Touriñán III.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ANEXO I: ESPECIES VEXETAIS PRESENTES NA ZONA

 

Alnus glutinosa

Anagallis tenella

Arnica montana atlantica (endemismo)

Betula alba

Calypogeia sp.

Calluna vulgaris

Carex binervis

Carex echinata

Carex durieui (endemismo)

Carex oederi

Carex panicea

Carum verticillatum

Cytisus scoparius

Cytisus striatus

Dicranum scoparium

Drosera rotundifolia

Eleocharis multicaulis

Erica arborea

Erica cinerea

Erica ciliaris

Erica tetralix

Erica umbellata

Eriophorum angustifolium

Hynum sp.

Kurzia pauciflora

Leucobyrum juniperoideum

Juncus squarrossus

Juncus conglomeratus

Juncus effusus

Juncus bulbosus

Molinia caerulea

Myrica gale

Nardus stricta

Narthecium ossifragum

Odontoschisma sphagni

Parnassia palustris

Pholia sp.

Pinguicola grandiflora

Pinguicola lusitanica

Potamogetum polygonifolius

Potentilla erecta

Polygola serpyllifolia

Racomitrium lanuginosum

Ranunculus bulbosus gallaecicus (endemismo)

Ranunculus ololeucos

Rhyncospora alba

Salix atrocinerea

Salix repens

Scripus caespitosus

Scripus fluitans

Sphagnum auriculatum

Sphagnum capillifolium

Sphagnum compactum

Sphagnum tenellum

Sphagnum papillosum

Sphagnum pylaesii

Sphagnum subnitens

Thypha latifolia

Ulex europaeus

Ulex gallii

Utricularia vulgaris

Veratrum album

Viola palustris

 

Para unha maior información sobre a zona, e as turbeiras en particular, recoméndase a seguinte bibliografía

 

BIBLIOGRAFÍA:

  • AMAT, J. A.; DÍAZ PANIAGUA, C.; HERRERA, C. M.; JORDANO, P.; OBESO, J. R. & SORIGUER, R. C. (Madrid 1985): Criterios de valoración de las zonas húmedas de importancia nacional y regional en función de las aves acuáticas. Publicaciones del Instituto Nacional para la Conservación de la Naturaleza. Monografías nº 35.

  • BELLOT RODRÍGUEZ, F. (Madrid 1966): La Vegetación de Galicia. Anales del Instituto Botánico A. J. Cavanilles, t. XXIV.

  • CIRUJANO BRACAMONTE, S.; VELAYOS RODRÍGUEZ, M.; CASTILLA LATTKE, F. & GIL PINILLA, M. (Madrid 1992): Criterios botánicos para la valoración de las lagunas y humedales españoles (Península Ibérica y las Islas Baleares). Publicaciones del Instituto Nacional para la Conservación de la Naturaleza.

  • FERNÁNDEZ PRIETO, J. A.; FERNÁNDEZ ORDÓÑEZ, M. C. & PRIETO, M. C. (Lazaroa 1987): Datos sobre la vegetación de las turberas de esfagnos galaico-asturianas y orocantábricas. 7:443-471.

  • IZCO SEVILLANO, J. (Vigo 1994): O bosque atlántico. En Os bosques atlánticos europeos. Ed. Bahía, 13-50.

  • KUBIENA, W. (London 1953): The soils of Europe. Thomas Murby Ed.

  • RIVAS MARTÍNEZ, S.; GANDULLO GUTIÉRREZ, J. M.; SERRADA, R.; ALLUÉ ANDRADE, J. L.; MONTERO DE BURGOS, J. L. & GONZÁLEZ REBOLLAR, J. L. (Madrid 1987): Memoria del Mapa de Series de Vegetación de España. Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación. ICONA. Serie Técnica.

  • VÉLEZ SOTO, F. (Madrid 1979): Impactos sobre zonas húmedas naturales. Monografías 20. Publicaciones del Ministerio de Agricultura. Instituto Nacional para la Conservación de la Naturaleza.

 

ANEXO II: ANFIBIOS E RÉPTILES

 

Alytes obstetricans. Catalogada de CASE AMEAZADA no estado español, do cal subliña a importancia que ten para a súa conservación no noso pais o Atlas y Libro Rojo de los Anfibios y Reptiles de España. Ocupa parte da zona e non se menciona no informe a súa presenza.

Anguis fragilis. Non se menciona no informe.

Bufo b.

Bufo calamita. Especie bastante común. Tampouco se menciona no informe.

Chalcides striatus. Non se menciona no informe.

Chioglossa lusitanica. Non aparece mencionada no informe. Endemismo do NW peninsular e catalogada como VULNERÁBEL no Atlas y Libro Rojo de los Anfibios y Reptiles de España. É unha especie moi sensíbel aos cambios do medio.

Coronella austriaca. Ausente no informe de impacto.

Coronella girondica. Tampouco se menciona no informe.

Discoglossus galganoi. Tampouco se menciona no informe. Catalogada como VULNERÁBEL

Hyla arborea. Tampouco se menciona no informe. Catalogada de CASE AMEAZADA no estado español, do que se indica a súa importancia de conservación Atlas y Libro Rojo de los Anfibios y Reptiles de España.

Lacerta lepida. Tampouco se menciona no informe.

Lacerta monticola. Non se menciona no informe. Trátase dun endemismo totalmente ibérico, e que ademais só se atopa nunhas poucas partes da zona NW e N da península, de aí a súa importancia e, malia que só estea catalogada como CASE AMEAZADA no Atlas y Libro Rojo de los Anfibios y Reptiles de España, debérase ter moi en conta polo risco que corre de desaparecer.

Lacerta schreiberri. Outro endemismo do NW ibérico, catalogada como CASE AMEAZADA no Atlas y Libro Rojo de los Anfibios y Reptiles de España. Non se menciona no informe a súa presenza.

Malpolon monspessulanus. Non se menciona no informe.

Natrix maura.

Natrix n. Tampouco se menciona no informe.

Podarcis bocagei. Outro endemismo ibérico, e desta volta restrinxido case exclusivamente á área de Galicia.

Ra iberica. Endemismo do NW peninsular e catalogada como VULNERÁBEL no Atlas y Libro Rojo de los Anfibios y Reptiles de España.

Ra perezi

Ra temporaria. Tampouco se menciona no informe. Catalogada como VULNERÁBEL.

Salamandra s.

Triturus boscai. Tampouco se menciona no informe.

Triturus helveticus. Tampouco se menciona no informe.

Triturus marmoratus. Tampouco se menciona no informe.

Vipera seoanei. Tampouco se menciona no informe.

 

 

ANEXO III: AVES

 

Accipiter gentilis. Non se menciona no informe.

Accipiter nisus. Non se menciona no informe.

Alauda arvensis

Alectoris rufa. Non se menciona no informe. A súa presenza indica a relevancia da zona para a caza.

Anas plathyrrinchos. Non se menciona no informe. Presente no Umia e nas zonas empozábeis das diversas brañas que se forman non só no alto do Cádavo, senón en todos os sistemas turbosos de toda a cordilleira da serra de Monteagudo e Cádavo, na que se mantén unha poboación pequena, pero estábel.

Anthus pratensis. Non se menciona no informe.

Anthus spinoletta. Non se menciona no informe.

Anthus trivialis

Apus a.

Ardea cinerea. Non se menciona no informe.

Asio flammeus. Non se menciona no informe.

Asio otus. Non se menciona no informe.

Athene noctua

Bubo b. Tampouco se menciona no informe. Todo o Cádavo é un bo acubillo para a especie, onde pode atopar bos cantís nos que se refuxiar temporalmente ou nidificar. Catalogada como EN PERIGO.

Buteo b.

Caprimulgus europaeus. Non se menciona no informe.

Carduelis cannabina

Circaetus gallicus. Non se menciona no informe. A súa cría está confirmada pola SGO.

Circus cianeus. Non se menciona no informe.

Circus pygargus. Non se menciona no informe. Varias parellas crían na zona.

Columba palumbus

Corvus corax. Non se menciona no informe. Nidifica na zona.

Corvus corone c.

Coturnix c. Non se menciona no informe. A súa presenza indica a relevancia da zona para a caza.

Cuculus canorus

Delichon urbica

Emberiza cia

Emberiza cirlus

Emberiza citrinella

Erithacus rubecula

Falco peregrinus. Non se menciona no informe. Podemos citar esta especie como presente, e pasa aquí boa parte do ano. Temos que dicir que utiliza esta zona a finais do verán, polo que este enclave aínda ten importancia para esta ave protexida, que de seguro que se vai a ver afectada polas infraestruturas eólicas.

Falco subbuteo.

Falco tinnunculus. Non se menciona no informe. Especie abondosa na zona no período estival.

Ficedula hypoleuca. Non se menciona no informe. De paso outonal.

Galerida cristata. Non se menciona no informe.

Gallinago gallinago, Especie que está a sufrir unha forte regresión das súas poboacións, debido á perda de hábitats na súa zona de cría. Aquí vén a pasar o inverno nun número relativamente moderado, buscando refuxio nas brañas e zonas húmidas que ten a zona.

Hippolais polyglotta

Hirundo rustica

Lanius collurio. Nidifica na zona. Estival.

Lanius excubitor. Non se menciona no informe. Emprega a zona como lugar de invernía.

Lanius meridionalis. Non se menciona no informe. Utiliza a zona como invernante.

Lullula arborea. Presente pero falta por determinar o tamaño poboacional. Non se menciona no informe

Lymnocryptes minimus. Non se menciona no informe.

Motacilla alba

Motacilla cinerea

Motacilla flava. Non se menciona no informe.

Muscicapa striata. Non se menciona no informe. De paso outonal.

Oenanthe oenanthe. Non se menciona no informe. Especie de paso outonal.

Pernis apivorus. Non se menciona no informe. Presente na zona, é unha especie da que non se teñen moitos datos sobre a súa conservación e doadamente confundíbel co Buteo b. para os inexpertos.

Phoenicurus ochruros

Phylloscopus collybita

Phylloscopus sibilatrix

Pica p. Non se menciona no informe.

Picus viridis

Prunella modularis

Saxicola rubetra. Non se menciona no informe.

Saxicola torquata

Streptopiela turtur

Strix aluco. Non se menciona no informe.

Sylvia atricapilla

Sylvia communis

Sylvia undata

Troglodytes t.

Turdus merula

Turdus philomelos

Turdus viscivorus

Tyto alba. Non se menciona no informe.

Vanellus vanellus. Visitante esporádico do inverno en días de moito frío ou de dispersión da especie. Tampouco se menciona no informe.

 

Como se pode apreciar, velaquí fica un interesante número de especies. E iso que a listaxe aínda está sen pechar, pois de seguro que de se facer prospeccións máis rigorosas no espazo e no tempo esta incrementaríase. Á parte do sinalado, hai algunhas especies típicas de arboredo que aquí non mencionamos das que temos constatadas a súa presenza pola zona, xa que non son poucas as ocasións nas que as temos observado cando se aproximan cara as escasas masas arbóreas que se diseminan por todo este territorio.

Queda tamén de manifesto que coas malas xestións dos espazos naturais estes degrádanse considerabelmente. E fica aí como recordo e lección para todos aquelas actuacións de repoboación forestal, promovidas por ENCE-ELNOSA, nada acordes co medio. Reflexionemos, igualmente, que máis actuacións deste tipo seguirían hipotecando a riqueza faunística e florística da zona até límites irrecuperábeis a curto prazo. A implantación dun parque eólico traería sen lugar a dúbidas estas consecuencias, se non a curto prazo, si nun non moi longo espazo de tempo.

 

ANEXO IV: MAMÍFEROS.

 

Apodemus sylvaticus

Arvicola sapidus

Barbastella barbastellus. Non se menciona no informe.

Canis lupus signatus. Non se menciona no informe. Este cánido nunca deixou de estar presente na zona, polo que nos sorprende dita omisión. Está protexido en parte por diversas directivas e conta cuns plans de recuperación que baten de fronte con estas infraestruturas. Na zona parece manter unha poboación, se ben, non moi numerosa, si bastante estábel.

Capreolus c. Non se menciona no informe. De extraordinaria relevancia para as actividades cinexéticas.

Crocidura russula

Crocidura suaveolens

Eliomys quercinus

Eptesicus serotinus

Erinaceus europaeus. Non se menciona no informe.

Felis silvestris. Non se menciona no informe. Non sabemos até que punto as súas poboacións son sas xeneticamente falando. É moi posible que críe nas carballeiras e lindes co monte Cádavo.

Galemys pirenaicus. Non se menciona no informe. A súa presenza está demostrada en varias concas fluviais do concello da Estrada.

Genetta g. Non se menciona no informe.

Hypsugo savii

Lepus granatensis

Meles m. Non se menciona no informe.

Microtus agrestis

Microtus lusitanicus

Miniopterus schreibersi

Mustela nivalis. Non se menciona no informe.

Myotis bechstein

Myotis daubentonii. Non se menciona no informe.

Myotis emarginata

Myotis m.

Myotis mistacina

Myotis nattereri

Neomys anomalus. Non se menciona no informe.

Oryctolagus cuniculus

Pipistrellus p.

Plecotus auritus. Non se menciona no informe.

Plecotus austriacus

Rinolophus ferrumequinum

Rinolophus hipposideros

Sciurus vulgaris

Sorex coronatus

Sorex granarius

Sorex minutus

Sus scrofa. Non se menciona no informe. De extraordinaria relevancia para as actividades cinexéticas.

Talpa occidentalis. Non se menciona no informe.

Vulpes v. Misteriosamente, o raposo tampouco se menciona no informe.

 

Nesta listaxe de mamíferos existen uns moito máis vulnerábeis ca outros respecto os aeroxeradores. Así pois, os quirópteros van ser uns dos máis afectados, pola súa condición de animais voadores.

Perante todo o exposto,

 

SOLICITAMOS QUE:

 

  1. Se realice un verdadeiro, serio, completo e detallado informe de impacto medioambiental, e polo que se identifiquen as especies aquí achegadas neste noso documento e, por extensión, que se non se intente resolver o asunto actuando como até agora se actuou, visitando a superficie afectada (con máis de 3.000 hectáreas de superficie) nun único día.

  2. Se fagan as pertinentes prospeccións arqueolóxicas nas zonas de maior impacto, prestando atención aos asentamentos da Idade do Ferro, aos potenciais restos de edificacións medievais e, sobre todos, aos grupos inscultóricos (petróglifos) que se disipan por toda a área.

  3. Non caso de que algún dos informes respectivos resolva que existe unha gran riqueza faunística, endémica, a protexer e conservar; ou ben unhas áreas rupestres importantes potencialmente afectadas pola construción dos aeroxeradores, non se execute e leve a cabo o proxecto do parque eólico Touriñán III.

O Baño –Cuntis–

11 de abril de 2008

1 Atlas de las aves reproductoras de España, Atlas de Mamíferos de España y Atlas de Anfibios y Reptiles, ademais de anuarios da Sociedade Galega de Ornitoloxía (estes últimos unicamente entre 1999 e 2002.

2 Real Decreto 1193/1998 de 12 de xuño e Directiva 92/43/CEE, de 21 de maio de 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres.

3 Sobre a reprodución de Circaetus gallicus na zona pódese consultar o noticiario ornitolóxico da propia Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO) onde se atopan os datos dos futuros anuarios: http://www.sgosgo.org/noticiario.asp?especie=Circaetus%20gallicus.

ASUNTO: Período de información pública “Estudio de impacto ambiental y proyecto de restauración del parque eólico Touriñán III”

No período de información pública do Estudio de impacto ambiental y proyecto de restauración del parque eólico Touriñan III comunicámoslle o seguinte:PRIMEIRO: A Lei do Patrimonio Cultural de Galicia, aprobada polo Parlamento Galego en sesión celebrada o 26 de setembro de 1995, no seu artigo 25.2 déixase claramente constancia de que “os poderes públicos garantirán a protección, a conservación e o enriquecemento do patrimonio cultural de Galicia”. Nesta lei, no seu artigo 8.4.a) faise mención expresa que se terán en consideración a efectos da mesma os monumentos: “construccións ou obra producto da actividade humana de relevante interese histórico, arquitectónico, arqueolóxico, artístico, etnográfico, científico ou técnico (…)”. No subapartado d) do mesmo artigo tamén se da conta do valor do “sitio ou territorio histórico”: “lugar ou paraxe natural vinculado a acontecementos ou recordos do pasado, creacións culturais ou da natureza, e as obras do home que posúan valores históricos ou técnicos”.a) en consonancia co apartado 8.4.a) do que fixemos mención liñas arriba, daremos conta da existencia de varios restos medievais existentes no lugar de Sebil, na parroquia de Sta. Mª. de Cequeril (pertencente ó Concello de Cuntis); inclusive da catalogación dalgunha delas segundo se pode observar no cartapacio do Concello de Cuntis da Consellería de Cultura da Delegación Provincial de Pontevedra, onde se documenta a existencia dos restos dunha torre de observación de época adscribible á Idade Media, que leva por denominacións: A Torre dos Mouros, A Cova dos Mouros e O Pucho dos Mouro – GA36015004 – . Evidentemente, ante tal vetustidade, está suxeita a unha historia (cf. artigo 8.4.d) da devandita Lei), da que temos constancia documental da súa existencia xa no século XIV. Topónimos menores como o Campo da Torre (Sebil, en Cequeril) e A Torre (A Hermida, xa na parroquia de Cuntis), amplían a área histórica e arqueolóxica en grande medida.

Por outra banda, non debemos esquecer os asentamentos fortificados existentes pola contorna, ben o “Castro do Couto da Raposeira” –GA36015025– e “Couto dos Castros de Vilar de Mato” –GA36015026 (antiga ficha GA36015TOP6)–. Así mesmo, cómpre subliñar a existencia do túmulo megalítico denominado “Mámoa da Portela de Sebil” –GA36015053–. 

b) outro ben histórico a ter en consideración é a Ponte do Ramo (nos mesmos límites de Cequeril), da que se ten constancia gráfica da súa existencia no século XIX (cf. A Carta Geométrica de D. Domingo Fontán). Non estaría de máis ter en consideración outras construccións coa mesma finalidade existente augas arriba, sexan pontes medievais (algunhas, segundo diferentes historiadores –C. García Romero, por exemplo-, cun claro antecedente de orixe romano), ou incluso pontóns.

c) Seguindo co fío histórico podemos indica-la existencia de calzadas medievais, e posiblemente xa existentes na época romana, posto que algúns historiadores españois e extranxeiros de renome (acordémonos de Álvarez Blázquez, Caamaño Gesto, Tranoy, entre outros), consideraron que o trazado da vía romana interior que ía de Bracara Augusta (Braga) a Asturica (Astorga), pasando por Pria e Lucus Augusta (Lugo), tivo o seu discurrir pola parroquia de Cequeril (traspasando a continuación pola vila de Cuntis), sería esta a coñecida via XIX.

SEGUNDO: No artigo 8.4.e) exprésase a vontade de protexe-las zonas arqueolóxicas: “lugar ou paraxe natural onde existen bens mobles ou inmobles subceptibles de seren estudiados con metodoloxía arqueolóxica, tanto como se se atopasen na superficie coma no subsolo ou baixo as augas territoriais”. Ante esto documentamos a existencia da dunha área arqueolóxica, bastante amplia, datable entre as Idades do Bronce e do Ferro, estámonos a referir concretamente ós gravados rupestres (ou petroglífos). Recordemos os outeiros do Galiñeiro, Campiños, O Casal, As Cerdeiras e A Laxe dos Homes (I) e (II), profundamente estudiados por Sobrino Buhígas, Sobrino Lorenzo-Ruza, García Alén, Filgueira Valverde, Obermaier, entre outros moitos. Varios destes conxuntos inscultóricos aparecen catalogados GA 36015005 / GA36015069 / GA36015070 / GA36015071 / GA36015072 (vid. Cartapacio do Concello de Cuntis, da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, Delegación de Pontevedra).

TERCEIRO: No artigo 8.4.f) faise mención protectora dos lugares de interese etnográfico: “aquela paraxe natural, conxunto de construccións ou instalacións vinculadas a formas de vida, cultura e actividades tradicionais do pobo galego”. Tratando polo miudo este tema é de resaltar a existencia, na mencionada Ponte do Ramo, da antiga tradición do Bautizo Prenatal (estudiada en profundidade histórica e etnográfica por Fuentes Alende), ritual máxico-supersticioso que ata escasos anos aínda perduraba.  Pero a Lei non só abrangue ó campo da cultura e das actividades tradicionais, as propias construccións ou instalacións vinculadas a formas de vida, sexan hórreos, muíños é batáns, merencen igualmente o seu amparo (feito que igualmente nesta parroquia de Cequeril se reflicte).

Por todo o anterior,

  

SOLICITA QUE:

1)      Se teña en conta esta alegación e se acorde a non autorización da instalación eléctrica, por non ser de utilidade pública e polos graves e irreversíbeis impactos sobre o patrimonio histórico, artístico, arqueolóxico, cultural e etnográfico.

2)      Se fagan as pertinentes prospeccións arqueolóxicas nas zonas de maior impacto, prestando atención aos asentementos da Idade de Ferro, aos potenciais restos de edificacións medievais e, sobre todos, aos grupos inscultóricos (petróglifos) que se disipan por toda a área

 

O Baño – Cuntis, a 14 de abril de 2008

PEDIMOS EXPLICACIÓNS Á CONSELLARÍA DE INDUSTRIA SOBRE O ESTADO NO QUE SE ATOPA A BURGA LUME DE DEUS, LOCALIZADA NA PRAZA PÚBLICA DE GALIZA

Somos sabedores da lexislación vixente en materia de Augas e máis concretamente de Augas Minerais (que se rexe pola Lei de Minas 22/1973 do 21 de xullo).

Por outra banda, temos coñecemento de que o pasado sábado 19 de abril operarios da empresa Termas de Cuntis S.L. realizaron labores, supostamente de inspección, na arqueta da burga “Fuego de Dios” (ou Lume de Deus), localizada na praza pública cuntiense chamada de Galiza.
Recordemos, ademais, que esta fonte de auga mineral debe surtir o seu caudal ao pobo durante nove meses ao ano, xa que na tempada estival benefíciase a devandita empresa.

O día 21 dese mes, varios veciños protestaron na Casa do Concello de Cuntis para saber o porqué desa actuación levada a cabo por operarios da devandita entidade privada.
O mércores día 23 trasladouse até Cuntis, instado pola administración local, un técnico da Consellaría de Industria, e co obxecto de realizar varias medicións nese manancial, fundamentalmente do seu caudal, comprobando que esta fonte reducira considerabelmente o volume de auga que botaba. Para maior detalle, de 0’4761 l/s que debera verter (ou sexa, máis de 41.100 litros día de caudal mínimo) obtivéronse medicións da orde dos 0’2 l/s (17.280 litros). Noutras verbas, a burga Lume de Deus perdera un caudal do 58%.

O máis curioso do asunto é que, segundo medicións do luns 21 de abril, a citada burga chegou a botar 0’06 l/s (o que equivale a 5.184 litros ao día), ou sexa, o 12’6% do que debera verter (perdera un 87’4).
Por outra banda é moi curioso que nun breve espazo de tempo (dous días) o caudal dese manancial flutúe de 0’06 l/s a 0’2 l/s, o que nos vén a indicar que existe unha variación do 30%, situación á que non se lle pode achacar un problema de seca por causa das escasas choivas, cando sabemos dos picos pluviométricos que houbo durante este mes (por certo, bastante chuvioso). A teor disto, son outras as causas que se lle debe imputar a este feito.

O técnico da Consellaría de Innovación e Industria achegou (segundo o que se publicou na prensa deses días), que nas últimas inspeccións que se realizaran na arqueta desa burga percibíranse “tuberías oxidadas y grietas en las que entraba una mano, por las que se tiene que estar yendo mucha agua”.

No entanto, discrepamos deste razoamento, xa que aínda que non cuestionemos a existencia de tales fendas, cal sería logo a razón pola que o fluído ten unha variación de caudal do 30% nun período unicamente de dous días? Non podemos crer estas apriorísticas explicacións cando as fendas non se incrementan con tanta rapidez, senón que en tan breve espazo de tempo case se poderían considerar constantes as perdas de caudal. Ademais, basta con saber un pouco de Hidráulica e Mecánica de Fluídos, ou coñecer cando menos o Principio de Continuidade (que versa sobre a conservación da masa dun fluído a través de dúas seccións) e o Trinomio de Bernoulli, particularmente, para darse conta de que o caudal dun fluído en movemento pode variar se muda ben a velocidade de saída do líquido, ou ben a abertura pola que aflora á superficie, manifestándose constantes –obviamente– as presións inicial e atmosférica, así como a viscosidade (ou fricción interna do fluído) que se pode considerar desprezábel.

Alén do comentado, parece ser que por este motivo –a mingua de caudal da burga Lume de Deus– os operarios de Termas de Cuntis abriron a citada arqueta para comprobar a que era debido. Mais, perante isto, xorde un feixe de cuestións:

• Sendo tal empresa a propietaria do manancial localizado en praza pública (feito insólito e esperpéntico) conta con algún tipo de permiso municipal para realizar unha obra ou inspección, ou cando menos, avisou á administración local por se localizar en terreos públicos?

• Non debera ter, así mesmo, licenza da Consellaría de Industria?

• De non ser así, a propiedade desa auga lexitima á devandita empresa para realizar obras cando quixer.

• Por que tal empresa inspecciona esa arqueta cando durante este tempo non se beneficia do seu caudal (da fonte “Lume de Deus”) e si o fará a partir do mes de xullo e até o 30 de setembro?

• Non terá algo que ver a mingua do caudal da burga da Praza de Galiza o feito de se teren realizado outrora un pozo de barrena a escasos metros deste manancial e en terreos propios da devandita empresa?

• Quen autorizou a creación dunha nova fonte, co seu pozo de barrena, nun predio próximo á praza de Galiza, e a escasos 7 metros dunha burga (Lume de Deus) da que se serve o pobo?

• Por filtración, pola lei de vasos comunicantes, por calquera outra razón física ou xeolóxica, a creación dese pozo non pode estar danando esoutro do que se beneficia o pobo durante 9 meses ao ano?

• Somos sabedores de que cando se realizou o devandito pozo de barrena, localizado en xardíns do Balneario, a fonte Lume de Deus secou durante un tempo, o que pode significar que a vea subterránea pola que discorre a auga quente dunha e doutra burga sexan a mesma.

Alén do comentado, o citado técnico da Consellaría de Innovación e Industria declarou (segundo verbas vertidas na prensa deses días) e en relación coas posíbeis fendas que puidesen existir no interior da arqueta do manancial Lume de Deus que, “desde su punto de vista, es necesario reparlo y recomendó también colocar un cartel de “agua no potable” en la burga e instalar un grifo para que no vierta continuamente”.

Ante isto, por que poñerlle unha billa á burga? Con tal de que a fonte bote o caudal que lle corresponda e se repare a arqueta, que necesidade hai? Por outra parte, de se poñer unha billa non estaría o pobo de Cuntis perdendo aínda máis dereitos dos poucos que ten? A auga debe discorrer por onde lle corresponda.
É máis, o feito de que ese manancial (Lume de Deus) alimente coa súa auga quente, cando menos dende finais do S. XVII (ou sexa, dende tempo inmemorial), os lavadoiros municipais, localizados na Praza de Galiza, non se estaría prexudicando outro dereito e propiedade pública ao privar aos lavadoiros de auga?

Recordemos o que detalla Matías Limón Montero no ano 1697, en relación coa burga Lume de Deus, na súa obra Espejo Cristalino de las Aguas de España (Alcalá, páx. 325):

“(…) La de oriente es caliente en grado excesivo, de suerte que no se puede sufrir su calor poniendo la mano o pie dentro de ella: sirve para los usos comunes de pelar aves y otros animales, y para labar la ropa (…) el olor y sabor de dichas aguas es a azufre (…)”.

Algo semellante nos achegará D. Pedro Gómez de Bedoya y Paredes, en 1764, na súa Historia Universal de las Fuentes Minerales de España (Santiago 1764, volume II, páxs. 39-44):

“(…) La referida agua la tributan dos manantiales, que está en los dos ángulos, y parte alta de la Plazuela, y en frente de la Casa del Baño. Estos son dos arquetas de piedra, que forman la hechura de un pozo quadrado: distan entre sí como veinte pies, y del Baño como quarenta pasos. Estas arquetas están la una al norte y la otra al sur, y esta segunda tiene un agujero por donde vierte agua en una pequeña pila, que sirve para lavar la ropa (…)”.

E a información documental e bibliográfica en relación co aproveitamento pola veciñanza desta burga chamada Lume de Deus (coñecida antano cos nomes de Fuego de Dios, da Plazuelata, do Foxo e do Paciño) continúa en centurias posteriores e chega até os nosos días. Así podemos recordar aquela escritura, con data do 19 de novembro de 1829, pola cal se nos achega que unha comisión de veciños (ollo: comisión veciñal), autoriza a derivación de parte do caudal da burga do paciño (hoxe Lume de Deus) para uns novos lavadoiros con catro píos (anótese que na actualidade son 5 os píos de auga quente e 6 os de auga fría). Este documento legal, asinado por varios veciños e testemuñas, así como polo escribán D. Manuel María de Nieto Rivas de Castro Fernández, pódese consultar no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra (libro 149, ano 1829, folio 110). Un extracto di así:

“En la villa de los Baños de Cuntis, a diez y nuebe días del mes de noviembre, año de mil ochocientos veinte y nuebe, ante mi, esscribano de número, y testigos constituhídos personalmente de la una parte Don Pedro Garrido Mariño de Lovera, Don Alonso Guimarey, en nombre de su padre Francisco, Don Andrés Conde, en el de su madre Dª. Mª. Antonia Ruibal, Roque García y Aboy, Manuel da Silba, Manuel da Riva, por lo que le toca y a su padre Juan, Rosa Gontad, viuda de Don Manuel de Pravia, Mª. Aboy, viuda de Cayetano Ruibal, Pedro Gonzalez, por sí y hermanos, Josef de Castro Villaverde, Josefa Sabedra, Julio Antonio do Fojo, Andrés Ferreyro, Ventura Núñez, Josefa Martíñez, celibata, Antonia Fontenla con su sobrina Mª. González, ambas solteras, y Josef Aboy con Andrés Rodríguez, de esta vecindad, por lo que les toca, y a los más vecinos que viven en esta villa y su rastro, a voz de uno y cada uno, dijeron que tienen tratado y de nuebo tratan con Antonio da Pena, maestro de cantería de esta parroquia, el ajuste de la Fuente de la Burga, llamada del Paciño, segun el plano que hizo para el mejor servicio de sus casas y labadero de ropas, y despues de las debidas conferencias que tubieron ajustan esta obra en la manera siguiente (…)”.

Cómpre aquí sinalar que o pasado 3 de maio deste ano puidemos comprobar que había unha persoa, pola tarde, lavando roupa nos lavadoiros públicos cuntienses, concretamente no primeiro dos píos termais; feito este que nos asegura o uso público, continuo e constante que se vén a facer desta burga, e por extensión dos lavadoiros, ou sexa dende tempo inmemorial (cando menos durante os 5 últimos séculos).

Perante todo o exposto,

SOLICITAMOS QUE:

1. Se nos informe se, nalgún momento, se iniciou un expediente para recoñecemento de aproveitamento dos mananciais Lume de Deus e Rúa Real.

2. Ademais, que a Consellaría de Industria dea conta do estado no que se atopan os mananciais de Cuntis e que esta institución protexa os dereitos que o pobo cuntiense posúe e ten adquiridos dende tempo inmemorial, así como as súas propiedades no que corresponde a esta materia (que, por certo, bastante mancados están).

3. Que no caso de que os mananciais Lume de Deus (“Fuego de Dios”) e Rúa Real estean dados de alta para explotación por algunha empresa, se someta a revisión a súa inscrición, para, de ser posíbel, pasen de novo á veciñanza cuntiense, consonte á documentación histórica que existe nesta materia e aos dereitos inmemoriais que o pobo posúe e que, paulatinamente, foron danados por moitas causas (entre outras a mala xestión dos nosos recursos polas administracións).

4. Preguntamos, no caso de estaren inscritos tales mananciais, se a Consellaría de Industria someteu a información pública a solicitude de inscrición da titularidade dos mesmos. Ademais, notificóuselle ao Concello de Cuntis nalgunha ocasión tal proceder, e houbo exposición pública para poderen realizar alegacións os veciños e veciñas de Cuntis, xa que son eles os verdadeiros posuidores de dereitos inmemoriais sobre os declarados mananciais termais?

5. Como é posíbel que burgas de auga quente que afloran en rúas e prazas públicas poidan ser privadas?

6. Ademais de todo o anteriormente solicitado, instamos á Consellaría de Innovación e Industria a que protexa os citados mananciais, que revise a titularidade dos mesmos, que esixa que sempre vertan nos lugares nos que afloran (lugares públicos), así como que os seus caudais sexan cando menos os mínimos esixidos.

7. Que non se lle poña unha billa ao burga Lume de Deus posto que vai en detrimento dos nosos dereitos e servizos, velaí que os lavadoiros públicos cuntienses ficarían sen auga corrente, non os poderíamos empregar e, para maior aglaio, perderían a súa funcionalidade.

8. Que se investigue se o pozo de barrena que se abriu nos xardíns do balneario, ao carón da Praza de Galiza, poida estar a danar o caudal da burga Lume de Deus (ou “Fuego de Dios”) e, de ser afirmativo, que se esixa o seu peche inmediato porque, cando menos, vai en detrimento dos veciños e veciñas de Cuntis, ou sexa do pobo, da maioría social, dos dereitos inmemoriais da sociedade cuntiense.

O Baño, 5 de maio de 2008

 

PROTECCIÓN DAS BURGAS “LUME DE DEUS” E “RÚA REAL” A NIVEL PATRIMONIO HISTÓRICO-ARQUEOLÓXICO

Somos sabedores da lexislación vixente en materia de Augas e máis concretamente de Augas Minerais (que se rexe pola Lei de Minas 22/1973 do 21 de xullo) así como igualmente da do Patrimonio Cultural de Galiza (desenvolvida fundamentalmente na Lei 8/1995 do 30 de outubro).

 

Por outra banda, temos coñecemento de que o pasado sábado 19 de abril operarios da empresa Termas de Cuntis S.L. realizaron labores, supostamente de inspección, na arqueta da burga “Fuego de Dios” (ou Lume de Deus), localizada na praza pública cuntiense chamada de Galiza.

Recordemos, ademais, que esta fonte de auga mineral debe surtir o seu caudal ao pobo durante nove meses ao ano, xa que na tempada estival benefíciase a devandita empresa.

 

O día 21 dese mes, varios veciños protestaron na Casa do Concello de Cuntis para saber o porqué desa actuación levada a cabo por operarios da devandita entidade privada.

O mércores día 23 trasladouse até Cuntis, instado pola administración local, un técnico da Consellaría de Industria, e co obxecto de realizar varias medicións nese manancial, fundamentalmente do seu caudal, comprobando que esta fonte reducira considerabelmente o volume de auga que botaba. Para maior detalle, de 0’4761 l/s que debera verter (ou sexa, máis de 41.100 litros día de caudal mínimo) obtivéronse medicións da orde dos 0’2 l/s (17.280 litros). Noutras verbas, a burga Lume de Deus perdera un caudal do 58%.

 

O máis curioso do asunto é que, segundo medicións do luns 21 de abril, a citada burga chegou a botar 0’06 l/s (o que equivale a 5.184 litros ao día), ou sexa, o 12’6% do  que debera verter (perdera un 87’4).

Por outra banda é moi curioso que nun breve espazo de tempo (dous días) o caudal dese manancial flutúe de 0’06 l/s a 0’2 l/s, o que nos vén a indicar que existe unha variación do 30%, situación á que non se lle pode achacar un problema de seca por causa das escasas choivas, cando sabemos dos picos pluviométricos que houbo durante este mes (por certo, bastante chuvioso). A teor disto, son outras as causas que se lle debe imputar a este feito.

 

O técnico da Consellaría de Innovación e Industria achegou (segundo o que se publicou na prensa deses días), que nas últimas inspeccións que se realizaran na arqueta desa burga percibíranse “tuberías oxidadas y grietas en las que entraba una mano, por las que se tiene que estar yendo mucha agua”.

 

No entanto, discrepamos deste razoamento, xa que aínda que non cuestionemos a existencia de tales fendas, cal sería logo a razón pola que o fluído ten unha variación de caudal do 30% nun período unicamente de dous días? Non podemos crer estas apriorísticas explicacións cando as fendas non se incrementan con tanta rapidez, senón que en tan breve espazo de tempo case se poderían considerar constantes as perdas de caudal. Ademais, basta con saber un pouco de Hidráulica e Mecánica de Fluídos, ou coñecer cando menos o Principio de Continuidade (que versa sobre a conservación da masa dun fluído a través de dúas seccións) e o Trinomio de Bernoulli, particularmente, para darse conta de que o caudal dun fluído en movemento pode variar se muda ben a velocidade de saída do líquido, ou ben a abertura pola que aflora á superficie, manifestándose constantes –obviamente– as presións inicial e atmosférica, así como a viscosidade (ou fricción interna do fluído) que se pode considerar desprezábel.

 

Alén do sinalado, parece ser que por este motivo –a mingua de caudal da burga Lume de Deus– os operarios de Termas de Cuntis abriron a citada arqueta para comprobar a que era debido. Mais, perante isto, xorde un feixe de cuestións:

 

·        Sendo tal empresa a propietaria do manancial localizado en praza pública (feito insólito e esperpéntico) conta con algún tipo de permiso municipal para realizar unha obra ou inspección, ou cando menos, avisou á administración local por se localizar en terreos públicos?

 

·        Non debera dispor, así mesmo, de licenza da Consellaría de Industria?

 

·        De non ser así, a propiedade desa auga lexitima á devandita empresa para realizar obras cando quixer.

 

·        Por que tal empresa inspecciona esa arqueta cando durante este tempo non se beneficia do seu caudal (da fonte “Lume de Deus”) e si o fará a partir do mes de xullo e até o 30 de setembro?

 

·        Non terá algo que ver a mingua do caudal da burga da Praza de Galiza o feito de se ter realizado outrora un pozo de barrena a escasos metros deste manancial e en terreos propios da devandita empresa?

 

·        Quen autorizou a creación dunha nova fonte, co seu pozo de barrena, nun predio próximo á praza de Galiza, e a escasos 7 metros dunha burga (Lume de Deus) da que se serve o pobo?

 

·        Por filtración, pola lei de vasos comunicantes, por succión ou por calquera outra razón física ou xeolóxica, a creación dese pozo non pode estar danando esoutro do que se beneficia o pobo durante 9 meses ao ano?

 

·        Somos sabedores de que cando se realizou o devandito pozo de barrena, localizado en xardíns do Balneario, a fonte Lume de Deus secou durante un tempo, o que pode significar que a vea subterránea pola que discorre a auga quente dunha e doutra burga sexan a mesma.

 

Á parte disto, o citado técnico da Consellaría de Innovación e Industria declarou (segundo verbas vertidas na prensa deses días) e en relación coas posíbeis fendas que puidesen existir no interior da arqueta do manancial Lume de Deus que, “desde su punto de vista, es necesario repararlo y recomendó también colocar un cartel de “agua no potable” en la burga e instalar un grifo para que no vierta continuamente”.

 

·        Primeiro, xa de principio, por que colocar un cartel indicando que se trata de “auga non potábel”?

·        Que se quere indicar ademais de que non é recomendábel para o consumo?

 

·         Nós, pola nosa banda, achegamos que se finque próximo a alí un panel no que se indiquen as propiedades terapéuticas, a análise química e, ao mesmo tempo, uns breves comentarios da historia das augas termais cuntienses. Porque, de se poñer un cartel no que se achegue que non son augas potábeis non se estará entendendo, por extensión, que tampouco o son aquelas coas que se dan tratamentos terapéuticos e de relax?

 

Seguindo coa análise das declaracións, ou suxestións, do técnico da Consellaría de Industria, xorden ademais outras preguntas fundamentais que cómpre deixar aquí expostas:

 

·        Por que poñerlle unha billa á devandita burga?

 

·        Con tal de que a fonte bote o caudal que lle corresponda e se repare a arqueta, que necesidade hai?

 

·        O obxectivo dende Industria é arranxar as fugas de caudal ou que se fugue todo el?

 

·        Por outra parte, de se poñer unha billa non estaría o pobo de Cuntis perdendo aínda máis dereitos dos poucos que ten?

 

·        A auga debe discorrer por onde lle corresponde, guste ou non a quen queira.

 

·        Con esa solución, para nada salomónica –totalmente subxectiva e posibelmente intencional– a quen se beneficia? Ao pobo, coma sempre, non. E o pobo, señores, é o único que importa, os dereitos sociais e as propiedades públicas.

 

·        É máis, o feito de que ese manancial (Lume de Deus) alimente coa súa auga quente, cando menos dende finais do S. XVII (ou sexa, dende tempo inmemorial), os lavadoiros municipais, ergueitos na Praza de Galiza, non se estaría prexudicando outro dereito e propiedade pública ao privar aos lavadoiros de auga?

 

Recordemos, para maior información, o que detalla Matías Limón Montero no ano 1697 en relación coa burga Lume de Deus, concretamente na súa obra Espejo Cristalino de las Aguas de España (Alcalá, páx. 325):

 “(…) La de oriente es caliente en grado excesivo, de suerte que no se puede sufrir su calor poniendo la mano o pie dentro de ella: sirve para los usos comunes de pelar aves y otros animales, y para labar la ropa (…) el olor y sabor de dichas aguas es a azufre (…)”. 

Algo semellante nos achegará D. Pedro Gómez de Bedoya y Paredes, en 1764, na súa Historia Universal de las Fuentes Minerales de España (Santiago 1764, volume II, páxs. 39-44):

 “(…) La referida agua la tributan dos manantiales, que está en los dos ángulos, y parte alta de la Plazuela, y en frente de la Casa del Baño. Estos son dos arquetas de piedra, que forman la hechura de un pozo quadrado: distan entre sí como veinte pies, y del Baño como quarenta pasos. Estas arquetas están la una al norte y la otra al sur, y esta segunda tiene un agujero por donde vierte agua en una pequeña pila, que sirve para lavar la ropa (…)”. 

E a información documental e bibliográfica en relación co aproveitamento pola veciñanza desta burga chamada Lume de Deus (coñecida antano cos nomes de Fuego de Dios, da Plazuelata, do Foxo e do Paciño) continúa en centurias posteriores e chega até os nosos días. Así podemos recordar aquela escritura, con data do 19 de novembro de 1829, pola cal se nos achega que unha comisión de veciños (ollo: comisión veciñal), autoriza a derivación de parte do caudal da burga do paciño (hoxe Lume de Deus) para uns novos lavadoiros con catro píos (anótese que na actualidade son 5 os píos de auga quente e 6 os de auga fría). Este documento legal, asinado por varios veciños e testemuñas, así como polo escribán D. Manuel María de Nieto Rivas de Castro Fernández, pódese consultar no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra (libro 149, ano 1829, folio 110). Un extracto di así:

 “En la villa de los Baños de Cuntis, a diez y nuebe días del mes de noviembre, año de mil ochocientos veinte y nuebe, ante mi, esscribano de número, y testigos constituhídos personalmente de la una parte Don Pedro Garrido Mariño de Lovera, Don Alonso Guimarey, en nombre de su padre Francisco, Don Andrés Conde, en el de su madre Dª. Mª. Antonia Ruibal, Roque García y Aboy, Manuel da Silba, Manuel da Riva, por lo que le toca y a su padre Juan, Rosa Gontad, viuda de Don Manuel de Pravia, Mª. Aboy, viuda de Cayetano Ruibal, Pedro Gonzalez, por sí y hermanos, Josef de Castro Villaverde, Josefa Sabedra, Juan Antonio do Fojo, Andrés Ferreyro, Ventura Núñez, Josefa Martíñez, celibata, Antonia Fontenla con su sobrina Mª. González, ambas solteras, y Josef Aboy con Andrés Rodríguez, de esta vecindad, por lo que les toca, y a los más vecinos que viven en esta villa y su rastro, a voz de uno y cada uno, dijeron que tienen tratado y de nuebo tratan con Antonio da Pena, maestro de cantería de esta parroquia, el ajuste de la Fuente de la Burga, llamada del Paciño, segun el plano que hizo para el mejor servicio de sus casas y labadero de ropas, y despues de las debidas conferencias que tubieron ajustan esta obra en la manera siguiente (…)”. 

Cómpre aquí sinalar que o pasado 3 de maio deste ano puidemos comprobar que había unha persoa, pola tarde, lavando roupa nos lavadoiros públicos cuntienses, concretamente no primeiro dos píos termais; feito este que nos asegura o uso público, continuo e constante que se vén a facer desta burga, e por extensión dos lavadoiros, ou sexa dende tempo inmemorial (cando menos durante os 5 últimos séculos).

 

Dende O Fervedoiro consideramos que tanto as anteriores fontes que gorgolexan en lugares públicos cuntienses (Lume de Deus e Rúa Real) como os propios lavadoiros son bens que deberan estar protexidos pola Lei 8/1995 do Patrimonio Cultural de Galiza, posto que a cantidade de achados arqueolóxicos que se teñen atopado ao seu carón como o simple feito de teren sido utilizados pola veciñanza dende tempo inmemorial fanos merecentes dunha protección especial.

 

E isto vese totalmente respaldado polo artigo 8 da devandita Lei, onde se di: “Os bens inmobles serán declarados de interese cultural atendendo ás seguintes clases: monumento, conxunto histórico, xardín histórico, sitio ou territorio histórico, zona arqueolóxica, lugar de interese etnográfico e zona paleontolóxica”.

Non cabe dúbidas nin discusión de que a Praza de Galiza e a súa contorna formen parte dun conxunto histórico, que exista unha zona arqueolóxica e que, ao mesmo tempo, constitúan un lugar de interese etnográfico. Para maior detalle recordemos os achados descubertos nesta área:

 

·        Dúas aras romanas dedicadas ás ninfas (antigo Balneario do Barreiro)

 

·        Fragmentos de tégulas, ímbrices, ánforas, cerámica romana e moedas no entorno da Finca do Barreiro[1].

 

·        Canalizacións e arquetas de tipo romano na Horta do Cura[2].

 

·        Posíbel infraestrutura termal de orixe romana localizada na Horta do Cura, nos arredores do mosteiro que na Idade Media se denominou Santa María de Termis[3].

 

·        Máis de 500 moedas da mesma época na arqueta da Burga Lume de Deus.

 

·        Tégulas romanas no entorno da Burga Lume de Deus.

 

·        Ara romana indíxena no entorno do Balneario de La Virgen.

 

·        Ara romana de Isaurio Dionisio no Balneario de La Virgen (hoxe desaparecida)[4].

 

·        Baño de tipoloxía romana nas antigas instalacións do Balneario de La Virgen.

 

·        Suposta minerva romana no Balneario de la Virgen.

 

·        Varias moedas romanas máis atopadas xunto ao Balneario de la Virgen.

 

·        Ponte romana que comunicaba a rúa da Carreira do Conde coa zona de Pereira e a rúa Bernardo Sagasta (antano Rúa do Cruceiro).

 

Debemos facer fincapé, así mesmo, do valor etnográfico dos lavadoiros públicos municipais, que verbo do artigo 4, apartado f, da citada Lei, poderían ser declarados lugar etnográfico, xa que alberga “instalacións vinculadas a formas de vida, cultura e actividades tradicionais do pobo galego”. Incluso isto vese respaldado polo artigo 64, na definición de patrimonio etnográfico:

 “Integran o patrimonio etnográfico de Galicia os lugares e os bens mobles e inmobles así como as actividades e coñecementos que constitúan formas relevantes ou expresións da cultura e modos de vida tradicionais e propios do pobo galego nos seus aspectos materiais e inmateriais”. 

Deste xeito a protección cara a esta construción e a súa contorna próxima sería bastante ampla, posto que o artigo 39 da Lei do Patrimonio Cultural di que “calquera intervención nun inmoble declarado ben de interese cultural deberá ir encamiñada á súa conservación e mellora” de acordo con varios criterios, entre os cales están:

 

a)      “Respectaranse as características esenciais do inmoble, sen prexuízo de que poida autorizarse o uso de elementos, técnicas e materiais actuais para a mellor adaptación do ben ó seu uso e para valorar determinados elementos ou épocas”.

 

b)      “Conservaranse as características volumétricas e espaciais definitorias do inmoble (…)”.

 

c)      “Evitaranse os intentos de reconstrución (…)”.

 

d)      “Non poderán realizarse adicións miméticas que falseen a súa autenticidade histórica”.

 

Recordemos que a conservación do patrimonio non está en contra da mellora dos espazos, da humanización dos recintos, o que nos fai ver na Praza de Galiza a posibilidade de humanizar lugares como o da propia burga Lume de Deus, que a día de hoxe non conserva un aspecto dos máis fermosos (ben artístico, ben etnográfico) debido isto, en parte, ás pouco afortunadas modificacións desta praza que se levaron a cabo durante o século XX. Basta só con saber que esta fonte, antano coñecida co nome do Foxo, estaba arrimada a unha das casas máis fermosas deste lugar, concretamente á de Antón Foxo (de aí o nome deste manancial) e que a comezos da devandita centuria se trasladou a un lugar máis céntrico do cuadrilátero da praza. A partir deste momento, modifícase o seu aspecto e contemporanízase un legado do pasado.

 

Alén do indicado, toda a Praza de Galiza posúe un valor engadido, o arquitectónico (con edificacións fundamentalmente dos séculos XVIII, XIX e da primeira metade do XX). Por outra banda, a zona vella de Cuntis foi declarada “Casco Histórico”, feito que nos fai responsábeis da súa conservación, da difusión do seu valor e da mellora das súas arquitecturas. Por mor disto e doutras razóns, a empresa Arca Arqueoloxía: Intervencións e Xestión do Patrimonio Histórico[5], contratada polo Concello de Cuntis, propúxose como obxectivo “levar a cabo unha prospección e documentación arqueolóxica, no marco da aplicación dun Plan Especial de Protección e Reforma Interior do Casco Antigo de Cuntis”, que viña dado “pola necesidade de coñecer os precedentes culturais dun núcleo urbano cun desenvolvemento histórico intimamente ligado ás súas augas termais”. Logo de analizar o valor monumental do casco antigo da vila do Baño, de bosquexar parte da súa historia e comprobar o potencial arqueolóxico da contorna, tal empresa resolveu o seguinte:

 

“Dada a relevancia histórica, arqueolóxica, etnográfica e paisaxística da vila de Cuntis, e rectificando algunhas actuacións urbanísticas desafortunadas, consideramos urxente a declaración da zona das termas de Cuntis como Ben de Interese Cultural, pola súa singularidade no marco de Galicia e en coherencia coa política cultural europea (…)”.

 

Ademais engade:

 

“A clasificación das termas de Cuntis como BIC non é unha opción desmedida tendo en conta os precedentes históricos (…), tampouco é incompatible con novas actuacións urbanas que ben planificadas contribuirían a revalorizalas mellorando as infraestruturas existentes, sendo esta unha garantía de preservación que aseguraría a súa continuidade”.

 

Evidentemente, a devandita empresa Arca estaba no certo e, en consonancia co apartado 2, do artigo segundo dos Estatutos desta nosa asociación –onde se di que é un dos nosos obxectivos “potenciar o respecto ao noso urbanismo, razoando e criticando os aspectos que nas edificacións poidan ensandecer (ou afear) a estética de prazas, vivendas e edificios emblemáticos (catalogados ou non pola Administración Pública) da nosa arquitectura, tanto urbana como rural, culta ou popular. Neste punto actuarase sempre en defensa do patrimonio histórico-artístico e etnográfico (…)”– consideramos oportuno e necesario formular a seguinte solicitide.

 SOLICITAMOS QUE:  1.       Que a administración pública cuntiense rexeite a suxestión do técnico da Consellaría de Cultura de lle poñer unha billa á burga Lume de Deus, xa que deste xeito –a parte de perdermos dereitos con respecto a ese manancial– prexudicaríase o valor etnográfico e histórico dos lavadoiros termais (posto que quedarían sen caudal). 

2.       Que a administración cuntiense protexa as burgas Lume de Deus e Rúa Real por pertencer á nosa historia e patrimonio etnográfico, así como por albergar unha constatada riqueza arqueolóxica nas zonas onde están localizadas.

 

3.       Que os concelleiros/as e rexedores cuntienses, presentes e futuros, sexan celosamente responsábeis na conservación dos dereitos, dos bens e patrimonios públicos cuntienses, así como en particular dos dereitos que o pobo ten dende tempo inmemorial con respecto aos mananciais de auga quente.

 

4.       Que a administración pública local protexa todo o entorno da praza de Galiza por mor do seu valor histórico, arqueolóxico, arquitectónico e etnográfico (consonte á lexislación vixente nesta materia). E que esta petición se estenda a todo o conxunto histórico da vila do Baño.

 

5.       Que o pleno municipal estude e someta a votación a posibilidade de que o casco histórico de Cuntis sexa declarado BIC, a teor do exposto anteriormente e do informe e suxestións emitidos pola empresa Arca Arqueoloxía: Intervención e Xestión do Patrimonio Histórico, documentación da que dispón o Concello de Cuntis e da que se conservan copias na Oficina Técnica municipal.

 

6.       No caso de que se adopte tal resolución, sexa remitida á Consellaría de Cultura a petición de que a vila do Baño consiga o recoñecemento de Ben de Interese Cultural, para deste xeito protexer, conservar e divulgar o noso patrimonio e, particularmente, as nosas fontes de auga quente e lavadoiros termais que se localizan en zonas públicas da vila.

  

 

O Baño, 16 de maio de 2008.


[1] Lorena VIDAL CAEIRO, ‘O impacto da romanización na comarca’, in Tapa: Traballos de Arqueoloxía e Patrimonio, 29 (2002) pp. 86-104.

[2] Xulio CARBALLO ARCEO, Fichas de Patrimonio da Delegación Provincial de Pontevedra da Consellaría de Cultura.

[3] Héitor e Martiño PICALLO FUENTES, ‘O Monacato Medieval na Historia de Caldas de Cuntis’, in Museo de Pontevedra, 56 (2002) pp. 9-101.

[4] Héitor e Martiño PICALLO FUENTES, ‘Achegamento ó estudio dunha nova ara cuntiense. DII BUXIMUS: Contribución ó Panteón Galaico-romano’, in Tapa: Traballos de Arqueoloxía e Patrimonio, 29 (2002) pp. 105-114.

 

[5] Ana FILGUEIRAS REY-Tomás RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ: ARCA ARQUEOLOXÍA, Memoria, catalogación arqueolóxica, documentación e delimitación planimétrica do Casco Histórico de Cuntis (Pontevedra). Proxecto promovido pola Direción Xeral do Patrimonio Cultural. Consellaría de Cultura e Comunicación Social. Xunta de Galicia.

 


Comments are closed

»  Substance:WordPress   »  Style:Ahren Ahimsa