venres 28 2008
Logo de coñecer este pasado mércores un informe do corpo da Guardia Civil, ao que tivo acceso Movemento Polos Dereitos Civís, no que aparece o noso nome vinculado queremos facer público o seguinte comunicado. Seguir lendo »
chúzame -
Escrito en Social, xeral | Comments Off
xoves 27 2008
Onte, día 26 de marzo, membros do Fervedoiro procedemos a inspeccionar varios dos nosos ríos, e puidemos comprobar, in situ, que moitas veces a acción humana é letal coa natureza que nos nutre e abastece de recursos. Seguir lendo »
chúzame -
Escrito en Medio Ambiente, Social, xeral | Comments Off
luns 24 2008
Velaquí continuamos co proxecto de colaborar activamente no proceso de normalización lingüística do noso Concello. Desta volta, en irmandade co CPI Don Aurelio, organizamos un concurso de promoción do galego entre os máis novos. Seguir lendo »
chúzame -
Escrito en Acudeali!, Social, cultural | Comments Off
luns 17 2008
De ruta turística polos recunchos de Cuntis, e co obxecto de visitar diversos lugares destas terras, varios membros de Fervedoiro descobren unha desas escenas, que por moito que se quixer, non se dan desprendido da vista; Seguir lendo »
chúzame -
Escrito en Social, cultural, xeral | Comments Off
luns 10 2008
Unha data antes da celebración oficial do Día Internacinal da Muller Traballadora e por motivos alleos aos colectivos convocantes levouse a cabo o acto reivindicativo-simbólico en prol dos dereitos da muller impulsado dende as asociacións: Ken Keirades, A Fervenza, Coto Manguelo e O Fervedoiro. Seguir lendo »
chúzame -
Escrito en Social, cultural | Comments Off
venres 7 2008
Hoxe, día 7 de marzo, no CPI Don Aurelio de Cuntis, os participantes do concurso de fotografía promovido polo Concello de Cuntis en prol da Igualdade de Xénero, así como todos/as os/as alumnos/as, mestres/mestras do devandito colexio, puideron asistir á presentación visual de todas as imaxes presentadas. Seguir lendo »
chúzame -
Escrito en Social, cultural | Comments Off
mércores 5 2008
Baixo este título e con motivo do día da muller traballadora (8 de marzo), varias asociacións da comarca, concretamente A Fervenza de Ouzande, Ken Keirades da Estrada, Coto-Manguelo de Orazo e mais nós, unímonos para organizar un acto este venres día 7 na Praza do Concello da Estrada a partir das 21 horas. Seguir lendo »
chúzame -
Escrito en Social | Comments Off
luns 3 2008
Así foi coma nos fixeron sentir as Forzas de Seguridade do Estado (FSE) antes, durante e despois do partido da nosa selección nacional de fútbol sala o pasado venres no Ferrol. Seguir lendo »
chúzame -
Escrito en Social | Comments Off
martes 26 2008
Facemos unha nova escala no camiño da loita pola oficialidade das nosas seleccións deportivas, será O Ferrol este vindeiro venres 29, o motivo: a estrea da selección masculina de fútbol sala no pavillón da Malata. Seguir lendo »
chúzame -
Escrito en Social | Comments Off
martes 19 2008
Foi o día 17 de febreiro de 2008 a data na que a sociedade galega se volveu a reunir e autoorganizar para lle esixir ás administracións que GALIZA NON SE VENDE!!, que o patrimonio verde que conserva a nosa querida terra non pode caer en mans de especuladores, de grandes construtoras, de empresas transnacionais, do poder globalizador,... Seguir lendo »
chúzame -
Escrito en Medio Ambiente, Social | Comments Off
luns 18 2008
Skárnio é un dos grupos punteiros de Galiza. Destacan polo seu compromiso e pola contundencia nas súas letras, que refliten sempre unha realidade social: a nosa. "O nosso caminho" é o seu novo traballo e está xa á venda. Editado baixo licenca "Copileft" e ao acubillo de Arredista Produçoms mantén o espírito de loita que sempre identificou o grupo. Seguir lendo »
chúzame -
Escrito en xeral | Comments Off
xoves 14 2008
A rede nacional Galiza Non Se Vende, da que O Fervedoiro fai parte, berrará o vindeiro domingo en Compostela contra a detrución do territorio. Será unha "mani-festa-acción" para esixir a fin das actitudes que están a esnaquizar a nosa paisaxe en prol dos intereses capitalistas e co consentimento dos nosos gobernantes. Ás doce da mañá, na Alameda da Capital: terra viva e digna para tod@s!!!! Seguir lendo »
chúzame -
Escrito en Medio Ambiente, Social, xeral | Comments Off
martes 12 2008
Temos repetido en numerosas ocasións que Cuntis é "terra de augas", e como tal, posúe entre os seus bens patrimoniais máis prezados os lavadoiros do Baño. Gardan recordos de tempos pasados nos que as lavandeiras da vila baixaban ao pé do Gallo para lavar as roupas. Seguir lendo »
chúzame -
Escrito en xeral | Comments Off
domingo 10 2008
O sábado 9 de febreiro de 2008 ha quedar sinalado en vermello no almanaque do Fervedoiro para sempre. Terá que ser festivo en vindeiros anos... O acto celebrado onte en Cuntis, a conferencia de Xosé Manuel Beiras, fica xa nalgún recuncho da memoria dos e das que estivemos presentes. Foi un día para aprender, para disfrutar, e abofé que o fixemos! Seguir lendo »
chúzame -
Escrito en Social, cultural, xeral | Comments Off
luns 4 2008
Xosé Manuel Beiras é un referente indiscutíbel no panorama sociopolítico galego do último século. Proba disto é a admiración que esperta entre uns/unhas e a incomodidade que lle provoca a outro/as. No que todos/as coincidimos é no seu papel fundamental na construción do movemento popular galego organizado e na defensa dos intereses nacionais deste pobo. O vindeiro sábado (9 de febreiro), ás sete e media da tarde imos poder escoitalo no Baño, en Cuntis, espallando coñecemento sobre un tema que domina á perfección: "O colonialismo interior", unha escolma de circunstancias que han dar para abrirnos os ollos e entender un pouco máis o porqué de certas cousas. Seguir lendo »
chúzame -
Escrito en Social, cultural, xeral | Comments Off