luns 18 2008
Skárnio é un dos grupos punteiros de Galiza. Destacan polo seu compromiso e pola contundencia nas súas letras, que refliten sempre unha realidade social: a nosa. "O nosso caminho" é o seu novo traballo e está xa á venda. Editado baixo licenca "Copileft" e ao acubillo de Arredista Produçoms mantén o espírito de loita que sempre identificou o grupo. Seguir lendo »
chúzame -
Escrito en xeral | Comments Off
xoves 14 2008
A rede nacional Galiza Non Se Vende, da que O Fervedoiro fai parte, berrará o vindeiro domingo en Compostela contra a detrución do territorio. Será unha "mani-festa-acción" para esixir a fin das actitudes que están a esnaquizar a nosa paisaxe en prol dos intereses capitalistas e co consentimento dos nosos gobernantes. Ás doce da mañá, na Alameda da Capital: terra viva e digna para tod@s!!!! Seguir lendo »
chúzame -
Escrito en Medio Ambiente, Social, xeral | Comments Off
martes 12 2008
Temos repetido en numerosas ocasións que Cuntis é "terra de augas", e como tal, posúe entre os seus bens patrimoniais máis prezados os lavadoiros do Baño. Gardan recordos de tempos pasados nos que as lavandeiras da vila baixaban ao pé do Gallo para lavar as roupas. Seguir lendo »
chúzame -
Escrito en xeral | Comments Off
domingo 10 2008
O sábado 9 de febreiro de 2008 ha quedar sinalado en vermello no almanaque do Fervedoiro para sempre. Terá que ser festivo en vindeiros anos... O acto celebrado onte en Cuntis, a conferencia de Xosé Manuel Beiras, fica xa nalgún recuncho da memoria dos e das que estivemos presentes. Foi un día para aprender, para disfrutar, e abofé que o fixemos! Seguir lendo »
chúzame -
Escrito en Social, cultural, xeral | Comments Off
luns 4 2008
Xosé Manuel Beiras é un referente indiscutíbel no panorama sociopolítico galego do último século. Proba disto é a admiración que esperta entre uns/unhas e a incomodidade que lle provoca a outro/as. No que todos/as coincidimos é no seu papel fundamental na construción do movemento popular galego organizado e na defensa dos intereses nacionais deste pobo. O vindeiro sábado (9 de febreiro), ás sete e media da tarde imos poder escoitalo no Baño, en Cuntis, espallando coñecemento sobre un tema que domina á perfección: "O colonialismo interior", unha escolma de circunstancias que han dar para abrirnos os ollos e entender un pouco máis o porqué de certas cousas. Seguir lendo »
chúzame -
Escrito en Social, cultural, xeral | Comments Off
mércores 30 2008
Vimos de rexistrar no Concello de Cuntis o documento da CNLC '08 (Campaña de Normalización Lingüística en Cuntis '08), que se compón dunha escolma de medidas que consideramos perfectamente asumíbeis e executábeis. Esiximos que dunha vez por todas se poña en funcioanamento o último termo do tan extenso nome da Concellaría de Cultura, Turismo, Xuventude, Deporte e Política Lingüística. Así como acollemos de bo grao a súa creación, non podemos senón denunciar a súa parálise no tocante a promoción do noso idioma medio ano despois do seu nacemento. Non esquezamos que polo medio hai unha cuantiosa dedicación exclusiva... Seguir lendo »
chúzame -
Escrito en Acudeali! | Comments Off
martes 29 2008
Gailza non se vende é a rede nacional de colectivos contra a destrución do noso territorio. O vindeiro 17 de febreiro vai ter lugar en Compostela a manifestación que simbolizará o existir desta plataforma. Vai ser un acto para berrar contra as actuacións que dende a costa até o interior, dende os ríos ás rías e dende os montes aos vales están a destruír salvaxemente a nosa paisaxe para beneficio dos poderes económicos e en estreita colaboración e co consentimento dos e das gobernantes. Seguir lendo »
chúzame -
Escrito en xeral | Comments Off
domingo 27 2008
Vai ser unha data a marcar en vermello no almanaque do Fervedoiro, a lembrar por sempre. Vai ser o día no que teñamos connosco ao referente político máis importante deste país dende Afonso Daniel Rodríguez Castelao. O peche musical do acto ha ser tamén de luxo: Roi Casal, de Milladoiro.
SÁBADO NOVE DE FEBREIRO. SETE E MEDIA DO SERÁN.
CASA DA CULTURA "ROBERTO BLANCO TORRES". CUNTIS.
Seguir lendo »
chúzame -
Escrito en Social, xeral | Comments Off
mércores 23 2008
Os pactos de silencio, coma todos os pactos, pódense utilizar para afogar no esquecemento aquilo que non interesa e seguir cara adiante con todo o demais como se o incómodo non existira. O que non está na boca da xente non molesta, e mentres, podemos seguir vendendo as marabillosas actuacións e inxentes investimentos que o noso municipio vai recibir. A pasada semana, o delegado provincial de Medio Ambiente visitou as obras de acondicionamento dunha beira do Gallo en Cuntis, pero do que non temos constancia (non se informou) é de que visitara outras que seguen adiante malia ter un expediente aberto: as da minicentral da Ermida. E como el non as visitou, visitámolas nós. Seguir lendo »
chúzame -
Escrito en Medio Ambiente, Social, xeral | Comments Off
luns 21 2008
Onte pasou por Cuntis algún actor ou algunha actriz que nun futuro non moi lonxano (menos de 600 anos, de seguro!) formarán parte do panorama escénico galego e serán recoñecidos/as polo seu talento. Churumbel Teatro presentounos “Parodia futurista: unha ollada a un futuro posible”, de Ramón Molina. Só podemos darlle os nosos parabéns a todos e todas as compoñentes que forman parte do grupo teatral de Merza. Seguir lendo »
chúzame -
Escrito en cultural | Comments Off
xoves 17 2008
A nosa vertente cultural, que neste comezo de ano amosamos con máis intensidade, non nos fai esquecer un dos nosos sinais de identidade: a denuncia. Un dos argumentos que máis temos repetido dende o noso nacemento é o desleixo que padece o río Gallo, as depuradoras de Cuntis e en xeral a parcela mediambiental. Con todo, temos que recoñecer avances dende a entrada do novo responsábel pero non podemos, con isto, conformarnos. Seguir lendo »
chúzame -
Escrito en Medio Ambiente | Comments Off
mércores 16 2008
Este vindeiro domingo imos darlle continuidade a un comezo de ano de alto nivel cultural en Cuntis. Logo do esplendoroso acto do pasado día catro, teremos connosco ao Grupo Churumbel Teatro, dende as terras de Merza para representar "Parodia futurista: ollada a un futuro posíbel" no Centro Sociocultural Xosé Raído Patelas. Seguir lendo »
chúzame -
Escrito en cultural | Comments Off
sábado 5 2008
A Casa da Cultura "Roberto Blanco Torres" de Cuntis quedouse pequena para acoller a primeira das presentacións que se farán por todo o país da obra de Xosé Luna "No Pazo de Laiovento Conversas con Francisco Pillado Maior". Ben agradecidos/as que estamos a cantos/as asististes! Seguir lendo »
chúzame -
Escrito en cultural | Comments Off
luns 31 2007
Aínda coa xornada do pasado 27 ben presente na lembranza, imos comezar o ano cun acto de altura. O vindeiro venres 4 de xaneiro, ás oito do serán na Casa da Cultura "Roberto Blanco Torres" presentamos o libro de Xosé Luna "No Pazo de Laiovento. Conversas con Francisco Pillado Maior". Seguir lendo »
chúzame -
Escrito en cultural | Comments Off
venres 28 2007
Á festa das Seleccións Galegas contribuímos dende Cuntis e comarca con 120 compañeiros e compañeiras, deixando en cativas as marcas do ano pasado. Enchemos dous autobuses con preto de oitenta persoas armando festa dende o comezo até o remate da longa xornada de onte. Seguir lendo »
chúzame -
Escrito en Social, xeral | Comments Off